venres, 20 de febreiro de 2015

DERRADEIRA REUNIÓN DO ERE

A empresa comunicou na última reunión do ERE que retiraba este por non poder presentar as contas auditadas do ano 2014.
A reunión foi moi curta, a empresa chegou e dixo que retiraba o ERE polo exposto anteriormente. Practicamente non aceptou preguntas. Dixo que a empresa continuaria tomando medidas para intentar mitigar o impacto económico; e tamen que a modificación dos turnos de Celadores e Auxiliares se iba levar adiante, xa que como non chega a 30 o numero de traballadores afectados, non é conflicto colectivo.
CCOO: preguntou, que na modificación que está na memoria do ERE, quedan 12 Celadores fora desa modificación, ¿qué vai pasar con eles?
A resposta da empresa foi:
A modificación dos turnos non ten porque ser igual a que aparece na memoria ,ou si.
Non houbo maneira de sacar máis información nin un compromiso de que non habrá despidos.

Hai unha sección sindical "CGT" que ten pouca memoria historica. Agora é un defensor a ultranza do noso convenio e é partidario de non negociar nada. Pero fai 4 anos foi o promotor de negociar coa empresa un convenio diferente para os traballadores novos ,a cambio de que a empresa retirara o ERE de Limpeza e Arquivo. Foi tamen o promotor do REFERENDUM que logo os traballadores en votación en furna non aceptaron.
Desde logo pouca memoria si que teñen cando eles tiñan a Presidencia e Secretaria do Comité si negociaban coa empresa.
Onte un membro da CGT dixo, que iba propor na reunión de hoxe a proposta dun traballador de Rehabilitación, que o expuxo na asamblea, ese membro da CGT hoxe non apareceu na reunión, como ten pouca memoria igual se esqueceu da proposta ou da reunión.
Quero recordarlles a CGT que mentres no veran do 2013 estaban discutindo se eran Galgos ou Podencos, foi CCOO quen presentou demanda contra a empresa por impor o Convenio Provincial, e que foi CCOO quen gañou esa demanda, e grazas a CCOO hoxe todos e todas traballadores de Povisa seguen tendo o seu Convenio, outros igual seguen discutindo como presentar a denuncia.
O dito pouca memoria e moita palabreria.

ASAMBLEA DE TRABALLADORES

ASAMBLEA DE TRABALLADORES/AS

LUNS DIA 23 DE FEBREIRO DO 2015

                     CONVOCA

                        CCOO

ORDE DO DÍA: RETIRADA DO ERE, E POSIBLES CONSECUENCIAS

POSTURA DE CCOO ANTE A  SITUACCIÓN ACTUAL DO COMITÉ DE EMPRESA

ROGOS E PREGUNTAS

LUGAR: SALÓN DE ACTOS DE POVISA

HORA: 15 HORAS


                       

     

martes, 10 de febreiro de 2015

REUNIÓN DA SECCIÓN SINBDICAL DE CCOO POVISA CON O CONSELLEIRO DELEGADO.

O pasado venres a sección sindical de CCOO Povisa solicitou unha reunión co Sr Silveira ( Conselleiro Delegado) para abrir unha posible via de negociación sobre o ERE plantexado pola Empresa.
A Reunión celebrouse onte Luns, onde el espuxo a súa visión sobre a solución.
Hoxe está sección sindical mantivo unha asamblea cos seus afiliados.
INFORMARASE na próxima asamblea de traballadores, xoves próximo.

sábado, 7 de febreiro de 2015

RESUME DAS 5 PRIMEIRAS REUNIÓN DO ERE EXTINTIVO

1º Reunión día 22/01/15
Nesta primeira reunión a empresa fai entrega do expediente do ERE.
Por parte do Comité de Empresa, solicitase máis documentos.
Faise o calendario de reunións, acordase reunirse os mércores e venres, o primeiro de tarde a segunda de maña.

2º Reunión día 28/01/15
A empresa fai entrega da seguinte documentación:
Copia do informe de reforma da 5º planta (Construcción de 22 habitacións dobres cun presuposto de 250.000 euros)
Link de acceso ao concerto Sergas Povisa 2014. (Non está o plan de xestión 2015, por non estar firmado)
Iniciase o turno de intervencións.

CCOO: solicita o desglose da masa salarial, e expón que o aforro que se conseguirá co ERE económico sera de 370.000 euros, e sumando o resto de medidas alcanzaríase o redor de 1 millón de euros, sendo as perdas previstas de 5 millóns de euros. O millor vendo o desglose pódese propor un reaxuste e poder facer unha proposta.

Empresa: Comprometese a estudiar a posibilidade de aportar o desglose da masa salarial.

Outra sección sindical tamén solicita o desglose salarial.

Unha sección sindical: Cal é o coste da seguridade social de un traballador?

Empresa: Debe terse en conta as circunstancias laborais de cada un, pero que a media de gasto supón mais ou menos o 35% de cada salario.

Outra sección: Dentro do que costan os servicios que aparecen reflexados na memoria están incluidas as indemnizacións por despido?.

Empresa: Non, xa que este tema esta suxeito a valoración da mesa negociadora.

A mesma sección: Vanse tomar mais medidas?

Empresa: Haberá que adoptar outras medidas en outros ámbitos, pero en materia de persoal son as previstas actualmente.

Unha sección: Solicita o número de cartillas antes da firma do concerto 2014.

Empresa: na memoria consta o número de cartillas a data do fin do concerto anterior, intentará facilitar a información pero seguramente teña problemas para conseguila, porque anteriormente o concerto non facilitaba ese dato.

CCOO: Respecto as funcións dos Celadores, afirma que as modificacións dos turnos non se poden efectuar con base ao artigo 41 do E.T., si non que se debería operar como unha modificación de convenio colectivo en base o artigo 82.3 do E.T. Xa que as funcións dos celadores recolleronse no convenio colectivo. Así mesmo, os turnos regulanse no artigo 19 do convenio colectivo, e unha modificación dos mesmos tampouco se poderá realizar a través do artigo 41 do E.T.

Empresa: Discrepa desa interpretación, entende que as medidas encaixan dentro do convenio.
O finalizar as preguntas formuladas, a empresa volve a ofrecer o listado nominativo das persoas afectadas.

Todo o Comité rexeita  a oferta.

3º Reunión día 30/01/15

A empresa fai entrega de parte da documentación solicitada anteriormente.

Varias seccións sindicais solicitan máis información.

Iniciase o turno de preguntas.

CCOO: Pregunta se a empresa valorou a entrega do desglose da masa salarial.
Empresa reitera que estudiara a súa entrega.

A comisión negociadora fai entrega dunha proposta de recolocación de todo o persoal afectado polo ERE.

Unha sección: Pregunta pola modificación dos turnos da área médica e quirúrxica.

Empresa: Os turnos incluidos na memoria teñen valor de proposta, que calquera alternativa que supoña unha millora se valorará. Se reitera o aporte de ideas alternativas.

A mesma sección: Non esta de acordo coas modificacións dos turnos, xa que debería esperar a sentenza, sobre turnos de Auxiliares e Celadores, que presentaron CCOO e CIG.

Outra sección: Expón que non vai a entrar a valorar os turnos, porque existen sentenzas donde se lles da a razón.

CCOO: Expón que os cambios posturales, axuda nas hixenes e o traslado dos pacientes é traballo dos celadores, plantexa quen fara agora este traballo?

Empresa: esas funcións as desempeñaran quenes poidan facelo (auxiliares e algún celador).

CCOO: O control de visitas ademais de informar ten como función baixar aos pacientes ingresados a Rehabilitación. Quen vai facelo a partires de agora?

Empresa: A nova empresa subcontratada.

CCOO:Se se quixera recolocar aos celadores, ( a través da Xunta de Galiza) existe a posibilidade de obter o titulo homologado por experiencia profesional, os traballadores terían que facer un examen, pero conseguirian o titulo de auxiliar.

Unha sección: Indica que sobre as funcións de Auxiliares, únicamente se aporta o plan de estudios.

Empresa:É un tema complexo debido a que na actualidade non existe un documento coas funcións que desenrola este colectivo. Débese acceder a orden do 26 de abril de 1973, do Ministerio de traballo, polo que se aproba o estatuto do persoal de Auxiliar, sanitario titulado e Auxiliar de clínica da Seguridade Social, donde se recollen as funcións atribuidas a este grupo. Pero se pode afirmar que actualmente existe un vacio legal, especialmente no ámbito privado.

Outra sección: para a empresa pode que estén vixentes sólo tres funcións de Celadores, pero para este sindicato están vixentes todas por Convenio.
Solicita que se explique ben que é administrar medicamentos.

Empresa: Non pode estar mais de acordo co feito de que ,a día de hoxe, os Celadores viñeron asumindo tarefas, do grupo que conforman os Celadores e Auxiliares. Un dos obxectivos das medidas é regular as funcións para que isto non se produza.
Mediante a modificación do programa informático paciente, habilitarase ao persoal Auxiliar de Enfermería para que poidan rexistrar todas as tarefas que teñan como propias.

A empresa aclara que o periodo para levar a cabo as diferentes medidas incluidas no presente ERE é hasta Decembro do 2015.

4º reunión 4/02/15

Unha sección: Expón que quere que se entreguen as actas antes  das reunións para poder leelas con antelación.

Empresa: Acepta a proposta , se enviaran o correo electrónico do Comité de Empresa.
Con relación o tema das titulacións do persoal afectado, existe algún caso?

CCOO: Expón que hai un celador que é Técnico de Raios, ademais existen en Recepción un grupo de Administrativos que dispoñen de diferentes titulacións, Auxiliar de Enfermería, Diplomada en Relacións Laborais, licenciada en Psicoloxia, Maxisterio, informática ect.

Empresa: Fagase a proposta por escrito cos datos concretos para analizalos.

Unha sección: Di, que na reunión anterior se fixo entrega de un documento coa proposta donde se recollia a posibilidade.

Outra sección: xa fixo chegar aos traballadores a información.

Unha sección: quere que coste en acta que se opoñen rotundamente ao ERE e afirma que se pode recolocar a todo o persoal.

Outra sección: Non entende que a proposta de titulación sexa para cambiar a unha xente por outra.

Empresa: O ERE ten unha afectación de 56 persoas.

Outra sección: Está en contra do ERE e di que non só se teña en conta a formación, se non que se lle de tempo o persoal a formarse.

Empresa: Non só a formación existe como criterio, se non que aplican 8 criterios máis.

Outra sección: Xa que en Recepción van despedir a 5 persoas. Non se vai realizar ningunha explicación dos motivos?

Empresa: Os motivos estan na memoria.

CCOO: Con respecto a información da memoria pax 74, alega que o plantexado no documento é unha verdade a medias, xa que moitas consultas sucesivas van a citarse a recepción.

Empresa: É consciente de que unha consulta pode derivarse en varias citas, e que non se deixou de tramitar tantas citas, como se pode insinuar.

CCOO: pregunta se no 2010 xa existia o TIS Sanitas?

Empresa: Implantouse a finais do 2013.

CCOO: A utilización de este programa, que esta implantado en varias Recepcións do Hospital, non é sinxelo e produce bastantes incidencias.

Empresa: Concorda que o programa é complexo, pero diariamente emplease en poucas ocasións.

A empresa fai entrega de documentación solicitada con anterioridade.

Comisión: Solicita máis información.

Unha sección: Solicita resposta sobre a proposta efectuada pola comisión ( recolocación do persoal)

Empresa: A proposta é demasiado xeneralista ( que se recoloque a todo o mundo) é preciso que se detalle donde se quere colocar ao persoal.

CCOO: Na área de administración poden darse prexubilacións, que se teña en conta para minorar o impacto do ERE.

Empresa: Non todo o mundo que ten 60 anos se atopa en situación de Prexubilación, hai mais factores que a idade.

CCOO: Que outras alternativas contemplou a empresa antes da presentación do ERE?

Empresa: Expón que se estudiou a realidade vixente e se adotou a opción que se adapta legalmente a situación. Efectivamente barallouse a posibilidade de redefinir funcións, renegociar o convenio; pero realmente as circunstancias presentes non se adecuan a esta medida. A posibilidade de minoración salarial só se pode aplicar se se utiliza o artigo 82.3. do E.T, pero xa propuxo en negociacións anteriores e non foi posible, polo que o descartou.

Unha sección: Propón disminución salarial da parte que está fora de convenio.

Outra sección: porqué solicitou a empresa que o Hospital fora de libre elección? Con esta medida cabe a disminuición de pacientes.

Empresa: Firmouse o contrato co Sergas, que se puido, firmouse a millor opción.

CCOO: No suposto de que as 4 camareiras en situación de prexubiliacion se acollan a esta medida, poderiase incluir ao persoal de Información?. Tamén está o suposto de unha enfermeira en esta situación, hai unha técnico de Raios que é enfermeira e un Celador con titulo de Técnico de Raios, poderiase facer a rotación nestes postos.

Empresa: Solicita que todas as propostas sobre recolocación sexan aportadas por escrito e indicando a sección sindical que o propón. Todas seran estudiadas.

Unha sección: Hai posibilidade de aplicar un ERE Temporal para todo o colectivo?

Empresa: Existe a posibilidade de realizar un ERE Temporal, pero pregunta se a comisión representativa firmaría desde xa o ERE Estintivo ao final do ano. Un ERE temporal sería negativo para os traballadores afectados xa que perderian dereito de desempleo no proceso e si finalmente non se soluciona a situación, os perxudicaria en gran medida.

Unha sección: O ERE é efectivo hasta o 31 de Decembro 2015 no ámbito económico ou organizativo?

Empresa: En ambos

Outra sección: Si se produxera a baixa voluntaria de algun traballador, variaria o ERE?.

Empresa: Si, pero hai que ter en conta que a baixa teña as mesmas circunstancias que o persoal afectado.

Este é un resume, según CCOO. As actas das reunións son:
1º 2 paxinas
2º 9 paxinas
3º 8 paxinas
4º 9 paxinas