xoves, 29 de xaneiro de 2015

ERE EXTINTIVO POVISA PARTE SEGUNDA

A segunda parte do ERE extintivo, versión organizativa e modificación sustancial turnos de traballo de Auxiliares e Celadores.
Colectivos afectados dentro do ERE suxeitos a despidos son:
Celadores(12), Arquivo(3), Secretaria Clínica(2) e Recepción(5).
A modificación sustancial das condicións de traballo, (Celadores y Auxiliares) é relativa os turnos.
No caso dos Celadores a empresa di que como non é persoal titulado e que parte das funcións que realizan son competencia das auxiliares de enfermería, estes deixarán de prestar servicio en hospitalización sendo as auxiliares as que asuman o traballo que viñan realizando. No bloque quirúrxico quedaran 4 celadores; tres para quirofano e un para a urpa (ata agora eran 2 mais); turno de tarde quedara 1 celador para a urpa (antes habia 3 mais).
 En base a todo isto a empresa, fai uns turnos onde os celadores de urxencias faran turnos rotatorios de tarde e noite , e o turno de maña será cuberto polo excedente de quirófano.
Turnos auxiliares: A empresa basea o seu troco en que ten moitas solicitudes de reducción de xornada, baseadas sobre a lei de conciliación familiar, onde hai peticións de noites fixas, Os turnos das Medicas pasan a facer turnos rotatorios de maña, tarde e noite ( pero agora fan 42 noites e pasan a facer 39 noites ano).Quirurxicas seguen rotatorios de maña tarde e noite (agora fan 29 noites ano e pasan a facer 39 noites ano). O turno de noites fixas seguen igual cambian a rotación das noites adaptadas as necesidades do servicio. O bloque quirurxico sen cambios.
Por todo o comentado anteriormente a empresa di que sobran 12 celadores.
Arquivo: a empresa di que non existe traballo para manter en plantilla a 3 administrativos do servicio, pois como agora xa non sacan historia clínicas e o numero de historias que teñen que escanear e baixo, que 1 traballador so é suficiente.
Secretaria Clinica: Basa o seu argumento en que os médicos fan os informes , que agora estaban facendo os informes de anatomia patoloxica e que comenzarán os medicos destes servicios a facelos; pecha este servicio. Despedimento de 2 traballadores e recoloca en Recepción a outras duas por ser membros do comité ou delegadas sindicais.
Recepción: 2 despidos son pola recolocación de duas traballadoras de Secretaria clínica e os outros 3 a empresa argumenta que ,como as auxiliares das policlinicas xa citan e que os centros de saude citan tamén a carga de traballo baixou e  sobran tres traballadores.
O anterior é un resume da postura da empresa
Dende CCOO estamos en desacordo cos postulados e argumentos da empresa.
En primeiro lugar o que debe facer a empresa e cumprir a sentenza firme sobre os turnos dos celadores e auxiliares, non é certo que sobren celadores, porque seguirán tendo que subir as plantas; e se non ó tempo.
No caso de arquivo non é verdade que necesiten un so traballador; logo contrataran por acumulación de tarefas. O mesmo ocurre con secretaria clínica, teñen traballo e seguen sendo necesarias.
As colas das persoas en recepción podense ver todolos días na entrada, decir que sobran e de coña.

venres, 23 de xaneiro de 2015

ERE EXTINTIVO EN POVISA

O pasado xoves a empresa presentounos a documentación na que se basa para facer un ERE en Povisa.
NESTA PUBLICACIÓN IMOS FALAR DO ERE ECONOMICO. PUBLICARASE OUTRA NOTICIA SOBRE ERE ORGANIZATIVO
O relato da empresa :  neste ano ten unha previsión de perdas, e polo tanto vai facer un ERE para reducir gastos. Os servicios que vai a externalizar son: telefonistas (5), información(5) e limpeza (14), estes servicios desaparecen e fará o seu traballo unha subcontrata. Fisioterapeutas(10) externaliza unha parte do servicio.
As razóns económicas son, sempre según a empresa, pola previsión de perdas neste ano 2015 .
Nos catro trimestres do 2014, a facturación foi inferior a dos trimestres do 2013.
Aplicando a reforma laboral a empresa presenta esté ERE BASEANDOSE EN RAZONS ECONÓMICAS.
O aforro que a empresa dí que vai facer e de 370.131 euros.
Por servicios é:
Limpeza costa 392.965 e a subcontrata costa 270.757 o aforro é 122.757 anuais.
Telefonistas costa 176.490 e o coste da subcontrata é de 119.472 euros ,e dicir , o aforro é de 57.018 euros anuais
Control de visitas o coste é de 176.528 euros o da subcontrata é 152.750 euros, o aforro é de 23.778  euros anuais.
Fisioterapeutas o coste incluido todo o servicio ( médicos, fisioterapeutas, logopedas, terapeutas ocupacionais auxiliares de clínica) 757.175 euros a oferta da subcontrata (para cubrir 10 fisios) é de 324.048 euros, o coste total entre fisios que seguirian en Povisa e subcontrata seria de 584.084 o aforro de 167.127 euros.
O aforro total de despedir a 34 traballadores é de 370.131 euros. 
Con estas cifras queda demostrado que o ERE non é a solución o problema económico que dí a empresa, 370.131 euros non é nada.
Que pretende a Dirección de POVISA con este ERE?, arranxar as contas non. Existen outros procedementos no estatuto dos traballadores millores para a empresa.
Dende CCOO dicimos esté ERE é unha chantaxe da empresa.
Se realmente Povisa ten un problema grave económico que se sente a negociar co comité de empresa e o trate sen amenazas e busquemos solucións a viavilidade da empresa, pero sen despidos.
CCOO vai loitar con todas as suas forzas para que ninguen se vaia a rúa.
Seguiremos informando. O seguinte será o ERE por motivos organizativos.
NON MAIS DESPIDOS. SI SE PODE.

luns, 19 de xaneiro de 2015

ASAMBLEA DE TRABALLADORES DO 19/01/15

Hoxe houbo unha asamblea de traballadores, para falar sobre a modificación sustancial, dos Celadores e auxiliares (turnos) e do ERE Extintivo en Povisa.
Comentouse aos asistentes que este Xoves as 13 horas temos reunión coa Dirección da Empresa e esta facilitaranos o expediente.
Todas as sección estan en desacordo tanto coa modificación coma co ERE.
Se fala que temos que empezar a mobilizarnos e loitar polos nosos dereitos.
Que esta claro que a empresa o que pretende é que se negocie un convenio a baixa que todas as seccións sindicais rexeitamos.
CCOO: Mobilizarase e fara todas as accións que xexan consensuadas dentro do pleno do Comité de Empresa.
O vindeiro xoves voltara a ver outra asamblea as 15 horas, e nesta xa teremos o expediente e sabremos o que pretende a empresa.

PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 19/01/15

1º Constitucción da mesa negociadora
Se constitue a mesa negociadora
CIG: 3 representantes
OMEGA: 2 Representantes
CGT: 2 Representantes
SGPS: 1 Representante
CCOO: 2 Representantes
UGT: 1 Representante
INDEPENDENTES: 1 Representante.
Todas as seccións sindicais de acordo. Faise acta e entregase en RRHH.

sábado, 17 de xaneiro de 2015

                                                        OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                                                        ===================================

                                                        " EN POVISA NON SOBRA NINGÉN"


                    A Executiva da Federación de Sanidade de Galicia de CCOO rexeita o ERE  extintivo que a dirección de POVISA  quere aplicar os traballadores.

                    CCOO, lembra que POVISA xa aplicou despidos e reducción de xornadas e salarios os seus traballadores e acaba de chegar a un acordo no concerto co Sergas para facerse cargo dunha parte da población da área sanitaria de Vigo.

                    O conflicto permanente o que somete a dirección de POVISA os seus traballadores non ten xustificación, mais aló de intereses  especulativos do grupo POVISA.

                    POVISA non pode alegar problemas económicas, cando o acordo firmado recentemente garantiza estabilidade nos vindeiros 10 anos.

                    O Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade, non poden alegar para non intervir no problema, que POVISA é unha empresa  privada, xa que atende a población cos mesmos dereitos que a do resto de Vigo e Galicia. Non poden permitir disminución de plantillas cando
            POVISA ten con diferencia as maiores listas de espera de Vigo e Galicia.

                    En POVISA, non sobra nadie, soio a mala xestión, as listas de espera e un maior respeto os seus traballadores     


Angel Cameselle
Secretario Xeral FSS -Galicia

venres, 16 de xaneiro de 2015

COMUNICADO AL COMITÉ DE EMPRESA DEL HOSPITAL POVISA

Por medio de la presente y en cumplimiento de la normativa vigente, les comunico que la empresa ha tomado la decisión de, por un lado, reorganizar y reordenar colectivamente los turnos de trabajo de ciertos colectivos ( celadores y auxiliares), utilizando para ello la figura de la modificación sustancial de condiciones de trabajo; y, de otro, presentar ante la Autoridad Laboral el correspondiente Expediente de Regulación de Empleo Extintivo por causas productivas, organizativas, técnicas y económica.

Por economía procesal, y dado que estamos frente a una medida global de la empresa, la discusión de ambas actuaciones se negociará en un único periodo de consultas. Por tanto, y en cumplimiento de la normativa general de aplicación, les comunico la intención de la Empresa de iniciar un PERIODO DE CONSULTAS que, en su conjunto, no podrá tener una duración superior a treinta días naturales, por lo que el mencionado periodo de consultas se iniciará el próximo jueves día 22 Enero y, con o sin acuerdo, deberá finalizar por todo el sábado 21 de Febrero de 2015.

Asimismo, le instamos para que a la mayor brevedad nos faciliten el nombre de los 13 componentes de la comisión negociadora por parte del Comité de Empresa.

Les ruego que firmen el recibí de la presente comunicación por parte de la Empresa de convocatoria para dar inicioa un periodo de consultas.

Firmado Director RRHH                             Recibí Presidenta Comité de Empresa

En Vigo a 15 de Febrero 2015

xoves, 15 de xaneiro de 2015

NOTIFICACIÓN DA DE EMPRESA NO DÍA DE HOXE 15/01/15

No día de hoxe a empresa comunicounos oficialmente a súa intención de abrir un periodo de consultas para facer unha modificación sustancial das condicións de traballo dos celadores e auxiliares de hospitalización, ( turnos) e un ERE extintivo.
O periodo de consultas comenzara o dia 22 de xaneiro ( próximo xoves e finaliza o sábado 22 de febreiro).
Non temos mais información.
A sección sindical de CCOO foi avisado deste asunto pola presidenta do comité de empresa sobre as 9,15 horas.
CCOO estivo esta maña no local do Comité de Empresa, ningunha outra sección sindical apareceu polo local. Imaxinamos que tiñan algunha reunión fora de Vigo.
Non asistimos a asamblea porque ninguén consultou con esta sección sindical esté asunto e tampouco podemos dar mais información dela.
Seguiremos informando en canto saibamos mais.

PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO DÍA 08/01/15

1º Escrito sobre alumnos en prácticas.

Informarase os/as traballadores/as de que non deben facer equipo cos alumnos en prácticas. En ningún caso os alumnos deben sustituir a traballadores.
Xoves día 15 de Xaneiro redactarase o escrito e repartirase polo Hospital.

2º Accións a tomar frente as futuras medidas propostas polo Conselleiro Delegado.

CIG: Aínda que hai rumores de despidos, non ten constancia de a quén afecta e a quén non.
A postura vai ser plantarlle cara os despidos e as renuncias do convenio colectivo. Están dispostos a facer o que teñan que facer e chegar a donde teñan que chegar.

CCOO: Non facer nada mentras non exista algo enriba da mesa.

INDEPENDENTES: de acordo con CCOO

CIG: Nos sabemos o que quere facer a empresa, como nos dixo na reunión o Conselleiro Delegado, despidos, externalizar servicios e un convenio a baixa con menos días libres e menos vacacións. Solo hai que esperar  para ver a quen lle toca. Hai que tomar medidas antes de que sexa tarde.

CGT: pregunta a CIG se esta a plantexar mobilizacións?

CIG: Non plantexa facer nada, so se refire o que xa fixeron, ronda de prensa e escritos tanto o Presidente da Xunta, como a Consellería de Sanidade.

CGT: Hai que ser realista e ser consciente de que non imos a ter apoio social ningún para facer mobilizacións ou folga. Non imos firmar nin unha soa renuncia do noso convenio, aínda que haxa despidos. os que se queden quedaranse co noso convenio.
Parte do comité non vai apoiar as mobilizaccións nin folga, como xa pasou na ultima folga polos despidos do persoal de fin de semana.

SGPS: Non imos ceder nada do noso convenio. Pelexarase via Xudicial ou mobilizaccións.

CCOO: Secundará calquer folga que sexa apoiada polos traballadores nun referendum.

CIG: non imos convocar ningún referendum para que os medicos decidan polos traballadores. Se en Povisa entra un convenio diferente para os novos o final todos acabaremos con ese convenio, en 10 anos unha gran parte da plantilla de Povisa actual estará xubilada e despois acabara impondo o convenio dos novos para todos.

UGT: Esta de acordo coa CGT. Se non hai apoio maioritario dos traballadores non secundará as mobilizacións.

CIG: Propón empapelar Vigo cos carteis que tiñan previstos publicar cando os despidos dos contratos sergas e empezar a sacar a rúa a problemática de Povisa.

UGT: Prefire esperar a ver propostas concretas.

SGPS: É partidario de comenzar xa.

CGT: Prefire tratar o tema dos carteis e da opinión pública siga tratandose como seccións sindicais,  sen a presencia de CCOO e Independentes, fora do pleno como ata o de agora.

Varios
Leese comunicado da empresa en resposta o escrito do comité sobre a auxiliar de turno de noite da UCI que se move a outros servicios.
A empresa fai referencia ao decreto 53.2001 sobre ratios nos hospitais concertados e que Povisa supera o 300% da dotación minima.

CCOO: solicita copia do comunicado da empresa para levalo a asesoria xuridica.

CGT: O que hai que facer é que as Auxiliares cobren máis que os Celadores e así para a empresa xa non lle é rentable sustituir Auxiliares por celadores.

Tratase o tema que non poñan os cuadrantes de todo o persoal nas plantas.
Acordase facer escrito a RRHH como comité e solicitar os planing colectivos dos traballadores.