xoves, 11 de decembro de 2014

REUNIÓN COA DIRECCIÓN DA EMPRESA DO DÍA 11/12/14

Pola empresa estiveron presentes: Silveira ( Conselleiro Delegado), Geremias ( Director medico), Susavila ( dir. RRHH), Maria Antonia ( Dir. Enfermería), Luisa Sanchez(Dir Económica) Marcuño ( Dir. Calidade) Rodriguez (Ex Dir RRHH) e Pimentel Jefe de Logistica.
Polo comité todas seccións sindicais, as independientes e OMEGA.
1 BALANCE ECONÓMICO DA EMPRESA NO ANO 2013.
Faia a presentación o Sr Silveira e nos di que nos vai dar a mesma información que se deu na asamblea de accionistas de Xuño pasado.
Beneficios da empresa 11345000 euros.
Gastos de persoal 60153000 euros.
Nos resultados do ano 2013 están incluidos 12643000 euros dos atrasos que Povisa reclamou xudicialmente ao Sergas por exceso de actividade dos anos 2001 ao 2005.
Estes datos son públicos e se poden consultar a través do Rexistro mercantil. ( CCOO)

2 DATOS SOBRE EMPREGO

O Sr Susavila expon a evolución da cantidade de traballadores a dia 31 de Outubro deste ano con comparativa dos anos anteriores ( 20012 e 2013) tanto no numero de persoal fixo como nas reducións de xornadas. O numero de traballadores fixos aumentou e os de xornada reducida aumentaron moito mais.

3 CONCERTO SERGAS

O Sr Silveira explica o concerto e di:
O sergas pagara a Povisa 534 euros por habitante adscrito a este Hospital, ( antiguo Sector)
Deixaron de perteñecer a este hospital 4664 habitantes.
Povisa tiña adscritos antes da firma do novo concerto 139400 habitantes. A partires do 30 de Novembro a población asignada a Povisa é de 135072 persoas.
Toda población pediatrica do antiguo sector Povisa cando cumpra 15 anos elixira o centro de referencia ben Povisa ou o Chuvi. Igualmente as persoas que troquen de residencia e vaian a vivir para zona Povisa, elixiran entre as duas opcións.
Cada mes se recalculara a población que atende Povisa, dando de baixa os falecementos.
Cada ano voltarase abrir o proceso de cambio, Os que cambiaron de hospital poden voltar a cambiarse.
As antiguas referencias, ( Queimados, Maxilofacial e Ciruxia da Man) Cobrase por cada doente atendido a parte. Facturase o 40% da tarifa que ten estipulada o sergas para eses procesos.
OSergas non esta obligado a derivar estes doentes a Povisa, pode desvialo a outros Hospitais Publicos que teñan esa especialidade, comenta que os pacientes de Maxilofacial da zona de Pontevedra os esta desviando a Hospital de Santiago. De momento os doentes de Ourense e Vigo siguen vindo a Povisa.
Expón que co concerto anterior se se divide o montante económico pola población adscrita a Capita era de 576 euros habitantee agora pasa a 540 euros. Que firmou o novo concerto pola presión que estaba a facer en contra Povisa a Plataforma en Defensa da Sanidade Publica como pola apertura do novo Hospital.
Os pagos son mensuais, se lle reten o 3% para posibles penalizacións ( Lista de espera ect).

4 EVOLUCIÓN PREVISIBLE DA SOCIEDADE

-Descenso da población adignada a Povisa de 139425 a 135072 persoas.
-Deterioro per capita de 576 a 540 euros persoa.
-Perdida de facturación entidades privadas do 25% dende o 2008
-Incremento da cotización a seguridade social con cargo a empresa.
-Eliminación de bonificacións por contratos indefinidos xa formalizados

5 MEDIDAS PARA SER COMPETITIVOS

-Amortizar postos vacios de contido
-Externalizar servicios non competitivos
-reorganización turnos, horarios e funcións
-Negociar un novo convenio colectivo competitivo.
Isto todo foi exposto pola empresa, deu moitos datos e non estan todos aqui. Esta é a postura da empresa. Todo o non escrito en negrita é información da empresa resumido por CCOO faltan cousas e pode haber erros. non se poideron facer preguntas









PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 11/12/14

1º ALUMNOS EN PRACTICAS

CIG: Comenta que estivo facendo un seguimento, da utilización por parte da empresa, dos alumnos en prácticas, e ésta utiliza a éstes como traballadores, pois fan equipo cos/as auxiliares de enfermería e celadores. Atoparon dous equipos formados por un alumno e unha auxiliar, os equipos en Povisa son de dúas auxiliares de enfermería.
Propón facer un comunicado a RRHH denunciando estes feitos e tamén facer outra notificación para a escola de enfermería.
As independientes din de facer unha nota informativa aos traballadores decindo que os alumnos non poden sustituir traballadores.
Todas as seccións dacordo.

2 REGLAMENTO INTERNO

Entregase copia do reglamento a todas seccións sindicais para que as leven a suas asesorias xurídicas.
Pendente deste tramite e con data de resposta no segundo pleno de xaneiro (22/01/15)

3º INTRUSISMO PROFESIONAL

SGPS: Plantexa ao resto das seccións sindicais por unha denuncia no colexio de enfermería por intrusismo profesional, pois os Técnicos de RX canalizan vias e administran  contraste. Técnicos de Laboratorio extraen sangue. Auxiliar de Enfermería coordina protocolos de Enfermería cando ten unha titulación inferior. Existe a orde na 2ª planta de cambiar sondas de gastrostomia calquer enfermeira sen curso previo de formación.
Resto das centrais sindicais levaran este tema a asesoría xurídica, pois xa hai sentenzas en contra.
A SGPS fara igualmente a denuncia como sección sindical.

4º TURNOS

Este punto foi posto na orden do día, porque se esperaba que en xaneiro cambiaran os turnos. Como de momento non hai nada, queda para o seguinte pleno.

5º XORNADA LABORAL

CIG: Comenta que en varios servicios se esta a facer un computo de horas anuais erroneos e quitanlle festivos ao persoal que ten turno rotatorio de maña, tarde e noite.
Acordase solicitar reunión urxente con RRHH para tratar o seguinte:
Computo de xornada
Permisos de libre disposición
Festivos en dias de xornada de 2 horas
Días de libre disposición que son postos pola empresa en turnos.

6º VARIOS

Reunión de Saude laboral. Hai trocos no protocolo do EBOLA, a zona de ingreso pasa a ser na 2 planta antigua, os traxes de persoal de limpeza e urxencias seran diferentes os dos que teñen que atender aos pacientes. Nuns días poderase descargar o protocolo na intranet.



venres, 5 de decembro de 2014

ASAMBLEA DE TRABALLADORES DO DIA 04/12/14

A orden do día
Anteproyecto do convenio
Reunión con sergas
Reunión coa inspectora de traballo.
Se realizaron duas asambleas una as 14 horas e outra as 15 horas.
Na asamblea das 14 horas unhas 20 personas, na das 15 horas unhas 70.
Se expuso o anteproyecto do convenio.
A CIG expuso a sua posición sobre o plus de enfermería.O seu voto en contra.
Se explica o falado en Santiago con director XERAL do sergas. Explicou algo do concerto con povisa e que se vai publicar en este mes.
A inspección de traballo requeriu a empresa que entregue a información que está obriada por lei.
Una traballadores preguntó porque se lle dixo q denunciara o seu contrato sergas
cando según se dixo na asamblea todos OS sergas eran fixos.
A traballadora non quixo decir o nome do.miembro do comité. Pero según el a estaba na asamblea.
A postura de CCOO sobre o tema do plus de enfermería é que o cobren todos OS diplomados. Na votación no pleno a proposta da Sgps foi absternos xa que non quixo admitir a proposta de CCOO.