venres, 28 de novembro de 2014

PLENO DO COMITÉ DO DÍA 27/11/14

ORDEN DO DÍA:
1º CONTA DO COMITÉ
2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS
3ºPRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO
4ºREGULAMENTO INTERNO
5º VARIOS

1º CONTA DO COMITÉ

CIG: Expón que non está de acordo con que se publique información sobre a conta do Comité de Empresa, nos blogs que teñen as seccións sindicais. Di que a información da conta so compete ao persoal que paga a cuota do Comité.

CGT: Está dacordo coa CIG e di: que non debe saber todo o mundo os cartos que hai na conta.

SGPS: Dacordo coa CIG

UGT: Dacordo coa CIG e non quere que se publique nada da conta no blog

CCOO: Di que seguirá informando a través das redes sociais, e recorda que fai algún tempo se expuña no tablon de anuncios, as contas do comité, e que nas asambleas se fala da conta, e non todo o persoal que esta nesta paga a cuota.

2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS

Explicase aos membros do Comité como transcurriu a reunión do día de onte en Santiago, nesta reunión estiveron presentes 3 representantes da CIG, 1 CGT, 1 SGPS, 2CCOO e 1 UGT.
Falouse co Director Xeral de Sanidade sobre as reduccións de xornadas, quendas, concerto, etc.
Sobre os problemas laborais agradeceu a información, e iba preguntar ó persoal que controla o concerto no EOXI Vigo sobre ese tema, ainda que non se meten en temas internos da empresa.
Sobre o concerto informou sobre Lista de espera, sistema de facturación ,e dixo que no mes de Decembro faríase publico todo o concerto.
Boas palabras e poucas solucións ou ningunha sobre o problema dos traballadores de POVISA.
Preben que sobre 3000 persoas cambien de Hospital, quedarian en Povisa o redor de 136000 doentes.
Di que están controlando que o número de traballadores sexa como mínimo os que había no 2006, que foi o ano en que se firmou o acordo básico.

3º PRESENTACIÓN ANTEPROXECTO DO CONVENIO

A Presidenta expón que habría que facer unha asamblea para presentar os traballadores o anteproxecto.

CCOO: Propón que a asamblea sexa o próximo Xoves.

SGPS: Propón facer duas asambleas unha informativa e outra para votar o anteproxecto do convenio.

CIG: Propón duas asambleas unha as 14 horas para o persoal que traballa de tarde e outra as 15 horas para os que saen do turno de maña. As duas informativas, porque entende que como o anteproxecto e consensuado entre todo o Comité, non hai que votalo, como moito atender as suxerencias dos traballadores.

A asamblea sera o Xoves día 4 de Decembro unha as 14 horas e a outra as 15 horas co seguinte orde do día:
Información resunión na Inspección de Traballo
Información co Sergas
Anteproxecto do Convenio colectivo
Rogos e preguntas

4º REGULAMENTO INTERNO

Rematase o regulamento interno. Comisións de traballo.
Salud Laboral, rexirase por representación no Comité de Empresa como marca a Lei.
Becas e prestamos serán 3 representantes do Comité de Empresa coma ata agora.
O resto das comisións sera un representante de cada sección sindical.

VARIOS

Fálase das denuncias presentadas ante Inspección de traballo.

REMATA O PLENO

No ultimo resume que fixo esta sección sindical do pleno do día 13/11/14. Por erro de transcripción púxose que se trasferiu a empresa a cantidade de 112089,75 euros cando o real é de 12089,75 euros.
quedando na conta a cantidade de 15300 euros.

Está sección sindical quere aclarar que seguirá informando a través das redes sociais e deste BLOG todo o que considere oportuno, pois existe a liberdade de expresión e de información.
Non podemos entender porque a certas seccións sindicais lles molesta que se informe os traballadores, e menos entendemos que se nos critique que o fagamos e algúns deles informen e opinen tamen a traves das redes sociais o mesmo día que se critica a esta sección. So hai que entrar na paxina do Facebook de " Enfermeria de Galicia" e comprobar como si se informa e se opina.

Sobre o plus de enfermeria que presentou a SGPS e non  foi aprobado, imos dar o resultado das votacións:

VOTOS EN CONTRA: 10 (CIG, 1 tec raios, 1 enfermeira/o, 1 Celador/a 1 Aux enfermeria, 1 almacén) (CGT 1 celador/a)( UGT 1 tec raios, 1 aux enfermeria) ( 2 Independientes 1 administrativo/a 1 aux enfermeria)

VOTOS A FAVOR 2 (SGPS 1enfermero/a) (CGT 1 enfermeiro/a)

ABSTENCIÓNS 2 ( CCOO, 1 aux enfermeria e 1 enfermeiro/a)


luns, 17 de novembro de 2014

PLENO ORDINARIO DO 13 DE NOVEMBRO 2014

1º VOTACIÓN DO PUNTO DO ANTEPROXECTO DA (SGPS) GRATIFICACIÓN PERSOAL PARA ENFERMERIA.

CIG: Que non se leve como punto do anteproxecto do convenio colectivo. Que se trate o tema como acordo entre empresa e enfermeria. ( Negocialo por fora de convenio).

CCOO: Non ten problema en metelo como punto do anteproxecto do convenio colectivo, pero se o plus é para todos/as os Diplomados. (Enfermeria , fisioterapeutas, ect).

Sometese a votación a proposta da SGPS e o resultado é:

Votos a favor 2
Votos en contra 10
Abstencións 2

2º CONTA DO COMITÉ
Se fara hoxe a trasferencia a conta de Povisa os cartos ingresados na conta do comité, que foron ingresados por error, por parte de aseguradoras. 112089,75 euros.
Queda na conta do comité a cantidade de 15300 euros.

Tratase tamen, a problematica das cuotas do comité, e decidese facer comunicado a Dirección, en contra da decisión que tomou esta sobre as diferentes cuotas.

3º REUNIÓN CO SERGAS

CIG: Comenta ao Comité que esta, negociou unha reunión co Sergas, e Propon que está sexa como comité se estamos todos deacordo, ou se non, asistiran eles como sección sindical. A reunión seria na Conselleria en Santiago.

Todas as seccións sindicais en asistir a dita reunión.
A CIG nos comunicara o dia da reunión.

4ºREUNIÓN SALUD LABORAL.
Os delegados de salud laboral comentan o tratado na ultima reunión que tratou sobre o EBOLA, vanse cambiar os protocolos, e comentan que estes estan cambiando continuamente porque sanidade tamen os esta cambiando.
Os cursos para formar o persoal teñen que ser sempre en horario de traballo.

5º REGULAMENTO INTERNO
Vaise a redactar o regulamento interno e presentalo a autoridade para o seu rexistro.

CCOO: quer levar o documento definitivo a sua asesoria xuridica antes de rexistralo.

6º VARIOS
A Presidenta notifica as seccións sindicais que o proximo mercores as 11,30 horas reunión en Inspección de traballo, estaran presentes a Empresa a Inspectora e o Comité.
Acordase reunirse o mercores as 9,30 horas para preparar esta reunión.



luns, 3 de novembro de 2014

PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 30 OUTUBRO 2014

Comenza o pleno extraordinario as 10 horas coa seguinte presencia
CIG: 4 Membros comité
CGT: As 10,06 h.1 Membro comité e as 10,10 h. 1 Delegado sindical e un membro do comité.
SGPS: 1 Membro comité
CCOO: 2 Membros comité e 2 Delegados 
UGT:  1 Membro do comité e 1 Delegado, as 10,07h. 1 Membro do comité e as 10,20h. 1 Delegado
INDEPENDENTES: 2 membros do comité as 10,08h.

Neste pleno fai de secretaria en funcions, un Membro da CIG e a Secretaria fai de Presidenta.

1º ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO.

CIG: A sua proposta é: 
Incremento salarial do 2% no ano 2014 e 3% no 2015, con revisión ao IPC e que os incentivos pasen ao soldo base.
Recoller no convenio as funcións de todas as categorias.
Resto igual que o anteproxecto anterior.

CGT: Proposta:

Convenio por 4 anos ( 2015,2016,2017,2018) subida salarial do 3% anual con revisión ao IPC
Xornada de traballo igual que no Sergas (1652 horas anuais)
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros.
Grupos Profesionais: Tal como está agora no convenio.
Xornadas Reducidas: faran unha proposta máis adiante porque están pendentes de informarse na asesoria xuridica,( solicitar xornada completa para todo o persoal.
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos..
Resto de anteproxecto anterior igual.

CCOO: Proposta:

Incremento salarial ano 2015 de IPC + 2% con revisión ao IPC
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos.
Resto do anteproxecto anterior igual.

UGT: Proposta:

Incremento salarial: 1% no 2012, 1,5% no 2013, do 2014 ao 2016 incremento do 2% anual con revisión ao IPC.
Resto do anteproxecto igual.

INDEPENDENTES: proposta:

Incremento do 2% para cada ano 2014,2015 e 2016 con revisión.
Retirar punto do anteproxecto readmisión das limpiadoras.
Categorias Profesionais igual que está agora no convenio.
Resto anteproxecto igual.

SGPS: Proposta:  ( da SGPS me faltan parte das propostas)

Cambio do Bocata do turno de noite por 5euros por noite traballada.
Plus de risco para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos do 25%.
Permisos: Meter en convenio como familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Que se pague o plus de 170 euros a todos/as enfermeiros/as. ( que cobran agora mesmos enfermeria anterior ao ano 2000).
Becas: Que se pague o mesmo porcentaxe a todas as solicitudes. (Agora pagase un porcentaxe superior as carreiras universitarias)

ANTEPROXECTO CONSENSUADO

Convenio a 3 anos, 2014,2015 e 2016
Incremento salarial do 4% cada ano con revisión ao IPC
Limite de xornada de 1624 horas anuais
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros, independentemente das horas traballadas e tipo de contrato.
Cambio de bocadillo noturno por 5 euros noite traballada.
Permisos: meter en familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Plus de risgo do 25% para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos.
Queda pendente o tema de becas e plus de enfermeria.

2º BECAS

A empresa fixo unha proposta a semana pasada para que os traballadores eventuais tamen poidan solicitar becas.
Todas as centrais sindicais estan en contra desta proposta, en todo caso se algun ano non houbera moitas solicitudes que se acumule para o ano seguinte.
Sobre a proposta de reparto igual para todas as solicitudes, queda pendente de acordo.

Rematado o pleno un representante de cada sección sindical subiu a falar co Director de Recursos Humanos, este notifica ao comité, que todo persoal que paga neste momento, a cuota do Comité de Empresa,  e non faga comunicado interior solicitando que se lle desconten 3 euros para o comité. A empresa non retirara nada aos traballadores. Agora mesmo hay 3 tipos de cuotas que son de 5,3 e 2 euros. A empresa solo descontara 3 euros aos traballadores que o soliciten o resto deixaran de pagar a cuota do Comité.