xoves, 11 de decembro de 2014

REUNIÓN COA DIRECCIÓN DA EMPRESA DO DÍA 11/12/14

Pola empresa estiveron presentes: Silveira ( Conselleiro Delegado), Geremias ( Director medico), Susavila ( dir. RRHH), Maria Antonia ( Dir. Enfermería), Luisa Sanchez(Dir Económica) Marcuño ( Dir. Calidade) Rodriguez (Ex Dir RRHH) e Pimentel Jefe de Logistica.
Polo comité todas seccións sindicais, as independientes e OMEGA.
1 BALANCE ECONÓMICO DA EMPRESA NO ANO 2013.
Faia a presentación o Sr Silveira e nos di que nos vai dar a mesma información que se deu na asamblea de accionistas de Xuño pasado.
Beneficios da empresa 11345000 euros.
Gastos de persoal 60153000 euros.
Nos resultados do ano 2013 están incluidos 12643000 euros dos atrasos que Povisa reclamou xudicialmente ao Sergas por exceso de actividade dos anos 2001 ao 2005.
Estes datos son públicos e se poden consultar a través do Rexistro mercantil. ( CCOO)

2 DATOS SOBRE EMPREGO

O Sr Susavila expon a evolución da cantidade de traballadores a dia 31 de Outubro deste ano con comparativa dos anos anteriores ( 20012 e 2013) tanto no numero de persoal fixo como nas reducións de xornadas. O numero de traballadores fixos aumentou e os de xornada reducida aumentaron moito mais.

3 CONCERTO SERGAS

O Sr Silveira explica o concerto e di:
O sergas pagara a Povisa 534 euros por habitante adscrito a este Hospital, ( antiguo Sector)
Deixaron de perteñecer a este hospital 4664 habitantes.
Povisa tiña adscritos antes da firma do novo concerto 139400 habitantes. A partires do 30 de Novembro a población asignada a Povisa é de 135072 persoas.
Toda población pediatrica do antiguo sector Povisa cando cumpra 15 anos elixira o centro de referencia ben Povisa ou o Chuvi. Igualmente as persoas que troquen de residencia e vaian a vivir para zona Povisa, elixiran entre as duas opcións.
Cada mes se recalculara a población que atende Povisa, dando de baixa os falecementos.
Cada ano voltarase abrir o proceso de cambio, Os que cambiaron de hospital poden voltar a cambiarse.
As antiguas referencias, ( Queimados, Maxilofacial e Ciruxia da Man) Cobrase por cada doente atendido a parte. Facturase o 40% da tarifa que ten estipulada o sergas para eses procesos.
OSergas non esta obligado a derivar estes doentes a Povisa, pode desvialo a outros Hospitais Publicos que teñan esa especialidade, comenta que os pacientes de Maxilofacial da zona de Pontevedra os esta desviando a Hospital de Santiago. De momento os doentes de Ourense e Vigo siguen vindo a Povisa.
Expón que co concerto anterior se se divide o montante económico pola población adscrita a Capita era de 576 euros habitantee agora pasa a 540 euros. Que firmou o novo concerto pola presión que estaba a facer en contra Povisa a Plataforma en Defensa da Sanidade Publica como pola apertura do novo Hospital.
Os pagos son mensuais, se lle reten o 3% para posibles penalizacións ( Lista de espera ect).

4 EVOLUCIÓN PREVISIBLE DA SOCIEDADE

-Descenso da población adignada a Povisa de 139425 a 135072 persoas.
-Deterioro per capita de 576 a 540 euros persoa.
-Perdida de facturación entidades privadas do 25% dende o 2008
-Incremento da cotización a seguridade social con cargo a empresa.
-Eliminación de bonificacións por contratos indefinidos xa formalizados

5 MEDIDAS PARA SER COMPETITIVOS

-Amortizar postos vacios de contido
-Externalizar servicios non competitivos
-reorganización turnos, horarios e funcións
-Negociar un novo convenio colectivo competitivo.
Isto todo foi exposto pola empresa, deu moitos datos e non estan todos aqui. Esta é a postura da empresa. Todo o non escrito en negrita é información da empresa resumido por CCOO faltan cousas e pode haber erros. non se poideron facer preguntas









PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 11/12/14

1º ALUMNOS EN PRACTICAS

CIG: Comenta que estivo facendo un seguimento, da utilización por parte da empresa, dos alumnos en prácticas, e ésta utiliza a éstes como traballadores, pois fan equipo cos/as auxiliares de enfermería e celadores. Atoparon dous equipos formados por un alumno e unha auxiliar, os equipos en Povisa son de dúas auxiliares de enfermería.
Propón facer un comunicado a RRHH denunciando estes feitos e tamén facer outra notificación para a escola de enfermería.
As independientes din de facer unha nota informativa aos traballadores decindo que os alumnos non poden sustituir traballadores.
Todas as seccións dacordo.

2 REGLAMENTO INTERNO

Entregase copia do reglamento a todas seccións sindicais para que as leven a suas asesorias xurídicas.
Pendente deste tramite e con data de resposta no segundo pleno de xaneiro (22/01/15)

3º INTRUSISMO PROFESIONAL

SGPS: Plantexa ao resto das seccións sindicais por unha denuncia no colexio de enfermería por intrusismo profesional, pois os Técnicos de RX canalizan vias e administran  contraste. Técnicos de Laboratorio extraen sangue. Auxiliar de Enfermería coordina protocolos de Enfermería cando ten unha titulación inferior. Existe a orde na 2ª planta de cambiar sondas de gastrostomia calquer enfermeira sen curso previo de formación.
Resto das centrais sindicais levaran este tema a asesoría xurídica, pois xa hai sentenzas en contra.
A SGPS fara igualmente a denuncia como sección sindical.

4º TURNOS

Este punto foi posto na orden do día, porque se esperaba que en xaneiro cambiaran os turnos. Como de momento non hai nada, queda para o seguinte pleno.

5º XORNADA LABORAL

CIG: Comenta que en varios servicios se esta a facer un computo de horas anuais erroneos e quitanlle festivos ao persoal que ten turno rotatorio de maña, tarde e noite.
Acordase solicitar reunión urxente con RRHH para tratar o seguinte:
Computo de xornada
Permisos de libre disposición
Festivos en dias de xornada de 2 horas
Días de libre disposición que son postos pola empresa en turnos.

6º VARIOS

Reunión de Saude laboral. Hai trocos no protocolo do EBOLA, a zona de ingreso pasa a ser na 2 planta antigua, os traxes de persoal de limpeza e urxencias seran diferentes os dos que teñen que atender aos pacientes. Nuns días poderase descargar o protocolo na intranet.



venres, 5 de decembro de 2014

ASAMBLEA DE TRABALLADORES DO DIA 04/12/14

A orden do día
Anteproyecto do convenio
Reunión con sergas
Reunión coa inspectora de traballo.
Se realizaron duas asambleas una as 14 horas e outra as 15 horas.
Na asamblea das 14 horas unhas 20 personas, na das 15 horas unhas 70.
Se expuso o anteproyecto do convenio.
A CIG expuso a sua posición sobre o plus de enfermería.O seu voto en contra.
Se explica o falado en Santiago con director XERAL do sergas. Explicou algo do concerto con povisa e que se vai publicar en este mes.
A inspección de traballo requeriu a empresa que entregue a información que está obriada por lei.
Una traballadores preguntó porque se lle dixo q denunciara o seu contrato sergas
cando según se dixo na asamblea todos OS sergas eran fixos.
A traballadora non quixo decir o nome do.miembro do comité. Pero según el a estaba na asamblea.
A postura de CCOO sobre o tema do plus de enfermería é que o cobren todos OS diplomados. Na votación no pleno a proposta da Sgps foi absternos xa que non quixo admitir a proposta de CCOO.

venres, 28 de novembro de 2014

PLENO DO COMITÉ DO DÍA 27/11/14

ORDEN DO DÍA:
1º CONTA DO COMITÉ
2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS
3ºPRESENTACIÓN DO ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO
4ºREGULAMENTO INTERNO
5º VARIOS

1º CONTA DO COMITÉ

CIG: Expón que non está de acordo con que se publique información sobre a conta do Comité de Empresa, nos blogs que teñen as seccións sindicais. Di que a información da conta so compete ao persoal que paga a cuota do Comité.

CGT: Está dacordo coa CIG e di: que non debe saber todo o mundo os cartos que hai na conta.

SGPS: Dacordo coa CIG

UGT: Dacordo coa CIG e non quere que se publique nada da conta no blog

CCOO: Di que seguirá informando a través das redes sociais, e recorda que fai algún tempo se expuña no tablon de anuncios, as contas do comité, e que nas asambleas se fala da conta, e non todo o persoal que esta nesta paga a cuota.

2º REUNIÓN CO DIRECTOR XERAL DO SERGAS

Explicase aos membros do Comité como transcurriu a reunión do día de onte en Santiago, nesta reunión estiveron presentes 3 representantes da CIG, 1 CGT, 1 SGPS, 2CCOO e 1 UGT.
Falouse co Director Xeral de Sanidade sobre as reduccións de xornadas, quendas, concerto, etc.
Sobre os problemas laborais agradeceu a información, e iba preguntar ó persoal que controla o concerto no EOXI Vigo sobre ese tema, ainda que non se meten en temas internos da empresa.
Sobre o concerto informou sobre Lista de espera, sistema de facturación ,e dixo que no mes de Decembro faríase publico todo o concerto.
Boas palabras e poucas solucións ou ningunha sobre o problema dos traballadores de POVISA.
Preben que sobre 3000 persoas cambien de Hospital, quedarian en Povisa o redor de 136000 doentes.
Di que están controlando que o número de traballadores sexa como mínimo os que había no 2006, que foi o ano en que se firmou o acordo básico.

3º PRESENTACIÓN ANTEPROXECTO DO CONVENIO

A Presidenta expón que habría que facer unha asamblea para presentar os traballadores o anteproxecto.

CCOO: Propón que a asamblea sexa o próximo Xoves.

SGPS: Propón facer duas asambleas unha informativa e outra para votar o anteproxecto do convenio.

CIG: Propón duas asambleas unha as 14 horas para o persoal que traballa de tarde e outra as 15 horas para os que saen do turno de maña. As duas informativas, porque entende que como o anteproxecto e consensuado entre todo o Comité, non hai que votalo, como moito atender as suxerencias dos traballadores.

A asamblea sera o Xoves día 4 de Decembro unha as 14 horas e a outra as 15 horas co seguinte orde do día:
Información resunión na Inspección de Traballo
Información co Sergas
Anteproxecto do Convenio colectivo
Rogos e preguntas

4º REGULAMENTO INTERNO

Rematase o regulamento interno. Comisións de traballo.
Salud Laboral, rexirase por representación no Comité de Empresa como marca a Lei.
Becas e prestamos serán 3 representantes do Comité de Empresa coma ata agora.
O resto das comisións sera un representante de cada sección sindical.

VARIOS

Fálase das denuncias presentadas ante Inspección de traballo.

REMATA O PLENO

No ultimo resume que fixo esta sección sindical do pleno do día 13/11/14. Por erro de transcripción púxose que se trasferiu a empresa a cantidade de 112089,75 euros cando o real é de 12089,75 euros.
quedando na conta a cantidade de 15300 euros.

Está sección sindical quere aclarar que seguirá informando a través das redes sociais e deste BLOG todo o que considere oportuno, pois existe a liberdade de expresión e de información.
Non podemos entender porque a certas seccións sindicais lles molesta que se informe os traballadores, e menos entendemos que se nos critique que o fagamos e algúns deles informen e opinen tamen a traves das redes sociais o mesmo día que se critica a esta sección. So hai que entrar na paxina do Facebook de " Enfermeria de Galicia" e comprobar como si se informa e se opina.

Sobre o plus de enfermeria que presentou a SGPS e non  foi aprobado, imos dar o resultado das votacións:

VOTOS EN CONTRA: 10 (CIG, 1 tec raios, 1 enfermeira/o, 1 Celador/a 1 Aux enfermeria, 1 almacén) (CGT 1 celador/a)( UGT 1 tec raios, 1 aux enfermeria) ( 2 Independientes 1 administrativo/a 1 aux enfermeria)

VOTOS A FAVOR 2 (SGPS 1enfermero/a) (CGT 1 enfermeiro/a)

ABSTENCIÓNS 2 ( CCOO, 1 aux enfermeria e 1 enfermeiro/a)


luns, 17 de novembro de 2014

PLENO ORDINARIO DO 13 DE NOVEMBRO 2014

1º VOTACIÓN DO PUNTO DO ANTEPROXECTO DA (SGPS) GRATIFICACIÓN PERSOAL PARA ENFERMERIA.

CIG: Que non se leve como punto do anteproxecto do convenio colectivo. Que se trate o tema como acordo entre empresa e enfermeria. ( Negocialo por fora de convenio).

CCOO: Non ten problema en metelo como punto do anteproxecto do convenio colectivo, pero se o plus é para todos/as os Diplomados. (Enfermeria , fisioterapeutas, ect).

Sometese a votación a proposta da SGPS e o resultado é:

Votos a favor 2
Votos en contra 10
Abstencións 2

2º CONTA DO COMITÉ
Se fara hoxe a trasferencia a conta de Povisa os cartos ingresados na conta do comité, que foron ingresados por error, por parte de aseguradoras. 112089,75 euros.
Queda na conta do comité a cantidade de 15300 euros.

Tratase tamen, a problematica das cuotas do comité, e decidese facer comunicado a Dirección, en contra da decisión que tomou esta sobre as diferentes cuotas.

3º REUNIÓN CO SERGAS

CIG: Comenta ao Comité que esta, negociou unha reunión co Sergas, e Propon que está sexa como comité se estamos todos deacordo, ou se non, asistiran eles como sección sindical. A reunión seria na Conselleria en Santiago.

Todas as seccións sindicais en asistir a dita reunión.
A CIG nos comunicara o dia da reunión.

4ºREUNIÓN SALUD LABORAL.
Os delegados de salud laboral comentan o tratado na ultima reunión que tratou sobre o EBOLA, vanse cambiar os protocolos, e comentan que estes estan cambiando continuamente porque sanidade tamen os esta cambiando.
Os cursos para formar o persoal teñen que ser sempre en horario de traballo.

5º REGULAMENTO INTERNO
Vaise a redactar o regulamento interno e presentalo a autoridade para o seu rexistro.

CCOO: quer levar o documento definitivo a sua asesoria xuridica antes de rexistralo.

6º VARIOS
A Presidenta notifica as seccións sindicais que o proximo mercores as 11,30 horas reunión en Inspección de traballo, estaran presentes a Empresa a Inspectora e o Comité.
Acordase reunirse o mercores as 9,30 horas para preparar esta reunión.



luns, 3 de novembro de 2014

PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 30 OUTUBRO 2014

Comenza o pleno extraordinario as 10 horas coa seguinte presencia
CIG: 4 Membros comité
CGT: As 10,06 h.1 Membro comité e as 10,10 h. 1 Delegado sindical e un membro do comité.
SGPS: 1 Membro comité
CCOO: 2 Membros comité e 2 Delegados 
UGT:  1 Membro do comité e 1 Delegado, as 10,07h. 1 Membro do comité e as 10,20h. 1 Delegado
INDEPENDENTES: 2 membros do comité as 10,08h.

Neste pleno fai de secretaria en funcions, un Membro da CIG e a Secretaria fai de Presidenta.

1º ANTEPROXECTO DO CONVENIO COLECTIVO.

CIG: A sua proposta é: 
Incremento salarial do 2% no ano 2014 e 3% no 2015, con revisión ao IPC e que os incentivos pasen ao soldo base.
Recoller no convenio as funcións de todas as categorias.
Resto igual que o anteproxecto anterior.

CGT: Proposta:

Convenio por 4 anos ( 2015,2016,2017,2018) subida salarial do 3% anual con revisión ao IPC
Xornada de traballo igual que no Sergas (1652 horas anuais)
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros.
Grupos Profesionais: Tal como está agora no convenio.
Xornadas Reducidas: faran unha proposta máis adiante porque están pendentes de informarse na asesoria xuridica,( solicitar xornada completa para todo o persoal.
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos..
Resto de anteproxecto anterior igual.

CCOO: Proposta:

Incremento salarial ano 2015 de IPC + 2% con revisión ao IPC
Sacar o punto de readmisión das limpadoras, ou senon que todos os despedidos sexan readmitidos.
Resto do anteproxecto anterior igual.

UGT: Proposta:

Incremento salarial: 1% no 2012, 1,5% no 2013, do 2014 ao 2016 incremento do 2% anual con revisión ao IPC.
Resto do anteproxecto igual.

INDEPENDENTES: proposta:

Incremento do 2% para cada ano 2014,2015 e 2016 con revisión.
Retirar punto do anteproxecto readmisión das limpiadoras.
Categorias Profesionais igual que está agora no convenio.
Resto anteproxecto igual.

SGPS: Proposta:  ( da SGPS me faltan parte das propostas)

Cambio do Bocata do turno de noite por 5euros por noite traballada.
Plus de risco para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos do 25%.
Permisos: Meter en convenio como familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Que se pague o plus de 170 euros a todos/as enfermeiros/as. ( que cobran agora mesmos enfermeria anterior ao ano 2000).
Becas: Que se pague o mesmo porcentaxe a todas as solicitudes. (Agora pagase un porcentaxe superior as carreiras universitarias)

ANTEPROXECTO CONSENSUADO

Convenio a 3 anos, 2014,2015 e 2016
Incremento salarial do 4% cada ano con revisión ao IPC
Limite de xornada de 1624 horas anuais
Plus de Domingos e Festivos de 25 euros, independentemente das horas traballadas e tipo de contrato.
Cambio de bocadillo noturno por 5 euros noite traballada.
Permisos: meter en familiares de 2º grado a Tios e Sobriños.
Plus de risgo do 25% para todo o persoal que estea en contacto con pacientes infeciosos.
Queda pendente o tema de becas e plus de enfermeria.

2º BECAS

A empresa fixo unha proposta a semana pasada para que os traballadores eventuais tamen poidan solicitar becas.
Todas as centrais sindicais estan en contra desta proposta, en todo caso se algun ano non houbera moitas solicitudes que se acumule para o ano seguinte.
Sobre a proposta de reparto igual para todas as solicitudes, queda pendente de acordo.

Rematado o pleno un representante de cada sección sindical subiu a falar co Director de Recursos Humanos, este notifica ao comité, que todo persoal que paga neste momento, a cuota do Comité de Empresa,  e non faga comunicado interior solicitando que se lle desconten 3 euros para o comité. A empresa non retirara nada aos traballadores. Agora mesmo hay 3 tipos de cuotas que son de 5,3 e 2 euros. A empresa solo descontara 3 euros aos traballadores que o soliciten o resto deixaran de pagar a cuota do Comité.







luns, 27 de outubro de 2014

PRLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 23 OUTUBRO DO 2014

 PLENO DO COMITÉ DE EMPRESA DO DIA 23/10/14

O pleno comenza as 10 horas en segunda convocatoría coa presencia de:
4 Membros do Comité por parte da CIG.
2 Membros do Comité de CCOO e 2 Delegados Sindicais
1 Membro do Comité da SGPS
1 Membro do Comité e 1 Delegado Sindical da UGT, as 10,12 incorporase 1 membro máis do Comité
As 10,10 Incorporanse ao pleno 1 Membro do Comité e 1 Delegado Sindical da CGT e as 10,16 1 membro do Comité.
As 12,30 Incorporanse Os dous membro do Comité Independentes.

1º VOTACIÓN DO PUNTO DO REGULAMENTO INTERNO DO COMITÉ POLO QUE SE LEVAN A CABO NAS ASAMBLEAS DE TRABALLADORES.

CIG: Propon que salvo o que marca o estatuto e a xurisprudencia, (referendum), todo o demais se faga en votación a man alzada na asamblea. Como se viña facendo ata agora.

CGT: Excepto supostos da lei as votacións faranse a man alzada en duas asambleas.

CCOO: propon que todas asambleas consultivas se faga referendum: As asambleas son informativas xeralmente.

SGPS: Excepto o que di o Estatuto dos Traballadores e a Xurisprudencia que seria en referendum, o resto tomaríase a decisión de como facer a votación nun pleno do Comité en cada momento, Sempre que non sea en referendum farianse duas asambleas.

UGT: excepto o do estatuto, firma de convenio, que se fara por referendum, resto a man alzada.

Durante o debate das propostas a CGT di que cando a Presidenta ou Secretaria do Comité de Empresa non estean presentes, ten que haber unha persoa que a sustituia, que non pode ser que neste momento a Secretaria faga as duas funcións.
CCOO solicita que se nombre unha secretaria suplente para que cubra as faltas por enfermidade ou vacacións da presidenta ou secretaria.

CIG di que estudiara o tema e contestara a este tema.

Votanse todas as propostas e gaña a proposta da CIG con 4 votos a favor. 1 en contra e 6 abstencións.

A UGT pide un receso porque ten que ausentarse durante unha hora.

2º NEGOCIACIÓN DO CONVENIO COLECTIVO

CGT Propon facer un novo anteproxecto de convenio sin conxelación salarial.
Todas as demais centrais sindicais deacordo con facer un novo anteproxecto.

CIG propon solicitar reunión coa empresa para negociar o convenio.

CCOO: Propon reunirse o xoves para que cada sección sindical traia as suas propostas de novo anteproxecto.
Todos deacordo.
Unha vez redatado o novo anteproxecto presentarase aos traballadores en asamblea.

Faise comunicado pedindo reunión coa empresa para negociar o convenio colectivo.

3º VARIOS

Traballadoras de Recepción solicitan ao Comité de empresa que solicite que poidan cambiar a falda do uniforme por pantalons.
Comité solicita reunión da Comisión paritaria para arranxar este tema.

Referentes de urxencia (EBOLA)
Na ultima reunión do comisión de salud laboral, non aparecia como referentes persoal de urxencia, sen embargo esta posto en urxencias un listado de enfermeras/os como referentes.
Houbo conversacións tanto coa directora de enfermeria como con responsables de Medicina preventiva e non se poñen deacordo sobre este tema.

CGT propon sacar o tema a prensa.

CCOO: Propon solicitar reunión urxente da comision de salud laboral, se o tema non se aclara tomarianse outras medidas.

Acordase solicitar reunión urxente comisión de salud laboral.








luns, 20 de outubro de 2014

REUNIÓN DO COMITÉ DE SEGURIDADE LABORAL SOBRE O EBOLA

O pasado luns día 13 de outubro tuvo lugar a reunión extraordinaria de SEGURIDADE E SALUD LABORAL, sobre EBOLA.
Informan que se comenzou a formar  as Enfermeras/os da 4º planta, que seran os encargados de atender os posibles enfermos de Ebola.
Logo formaran ao persoal de limpeza.
Por parte dos delegados do comite de empresa, presentaron varias alternativas ao protocolo da empresa, está contestou que as estudiara, algunha delas, outras as rechazou.

luns, 11 de agosto de 2014

RECORDATORIO

Durante os meses de Xullo e Agosto, a seción sindical de CCOO POVISA, estará todolos dias no local do Comite de Empresa polas mañas.
Tamen podedes contactar a travees do TLF  649673271 e na conta de correo electronico ccoopovisa@gmail.com

SENTENZA DO ULTIMO XUIZO SOBRE MODIFICACIÓN SUSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO BLOQUE QUIRURXICO

SENTENZA DO XUIZO DO 30 DE XUÑO 2014 SOBRE MODIFICACION SUSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO NO BLOQUE QUIRURXICO E POLICLINICAS.
pa ler  pincha aqui

xoves, 12 de xuño de 2014

AUTO XUDICIAL CELADORES E AUXILIARES DE HOSPITALIZACIÓN

Este é o ultimo auto do Xuzgado nº 3 de vigo, sobre turnos de celadores e auxiliares de hospitalización, se queres leer máis pincha aqui

xoves, 29 de maio de 2014

INFORMACIÓN AOS TRABALLADORES



 1º) O secretario xeral de sanidade de CCOO mantivo unha reunión coa Directora Xeral do SERGAS e Directora Xeral de RRHH tamen do SERGAS, ( Nieves Dominguez e Margarita Prado ) para falar sobre o concerto do SERGAS CON POVISA

2º) O concerto ten unha duración de 8 anos máis unha prorroga de  2 anos, fai un total de 10.

3º Preguntou para cando a publicación no DOG o Concerto con Povisa?

Manifestaron que iba mais atrasado do que quixeran por tramites administrativos.
Solicitouse fecha e falaron de publicalo como moi tarde en Setembro ou Outubro, previo paso polo Consello da Xunta.

4º Preguntouse sobre os mais de 200 contratos sergas que CCOO pide que sexan indefinidos.
A Consellería entende que deben ter estabilidade no emprego, pero non vai entrar na modalidade de contratación da empresa.

CCOO solicita unha vez mais a conversions de todos os contratos Sergas en indefinidos

5º sobre ratios de persoal e calidade asistencial din “ que non entran nos ratios pero vixilan a calidade”

CCOO pide plantilla adecuada  e estables que garantice a calidade asistencial e un plan de choque para reducir as listas de espera. Para iso, faría falla plantilla para acometer dito plan

CCOO FAI UN CHAMAMENTO UNHA VEZ MAIS A UNIDADE DE TODOS OS TRABALLADORES/AS PARA LOITAR POLA DEFENSA E MANTEMENTO  DOS POSTOS DE TRABALLO E NOSOS DEREITOS

mércores, 30 de abril de 2014

PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 24 DE ABRIL 2014

O pasado xoves día 24 de abril celebrouse un pleno ordinario do Comité de Empresa, a sua duración foi de uns 15 minutos.
Estabamos convocados para as 10, 30 horas da maña, pero ata as 10,45 non houbo cuorum, estabamos 11 membros do Comité. As 11,00 horas 2 membros independentes abandonaron o pleno, por ter cita no avogado.
Trataronse os seguintes temas:
Acordouse celebrar os plenos as 09,00 horas, por 9 votos a favor e ningún encontra.
Se solicitara reunión da comisión paritaria, para tratar os prezos do autoservicio.
A partir das 11 horas continuamos, como reunión como seccións sindicais.
Debatiuse se continuar o pleno do comité ou non.
A postura de CCOO é que se non hai 12 membros do Comité este non ten validez.
Acordouse que no próximo pleno do dia 8 de Maio o primeiro punto do orden do día sera
Regulamento interno e Vacacións do persoal.
Sen nada mais que tratar remata a reunión as 12,00 horas. Os delegados de Salud laboral suben a xunta Ventura( prevención)

xoves, 20 de marzo de 2014

PLENO EXTRAORDINARIO DO COMITÉ DE EMPRESA DO 20/03/14

No día de hoxe celebrouse un pleno extraordinario convocado pola Secretaria do comité de empresa, o dÍA 18/03/14, co seguinte orden do día:
1º Movilizacións
2º Varios.

Comenza falando a Presidenta do comité de empresa e di: Que se van seguir facendo movilizacións no Xuzgado e Inspección de traballo, e outras que non as van contar de momento. Pregunta se CCOO e as Independentes as van secundar.

CCOO Resposta que hoxe estivo na concentración do Xuzgado e que vai seguir apiando esta concentración e tamen apoiara a de Inspección de Traballo, as que son secretas de momento, non sabe cal vai ser a postura por desconocer ditas concentraccións.

Independientes, creen que neste momento non é o millor as concentracións, pois en tres anos non deron resultados. Non van apoiar ningunha concentración.

CGT: Di que se CCOO está nas concentracións a CGT non as apoiara, pois segun CGT se non apoiou a folga non debe estar.

UGT e SGPS son da mesma opinioón de CGT.

CIG: tamen apoia a postura da CGT.

CCOO: di que ninguen lle pode prohibir estar nas concentracións.

CGT,CIG,UGT e SGPS toman o acordo de convocar todas as movilizacións como centrais sindicais, e non se informara destas concentracións a ningunha outra parte do COMITÉ de EMPRESA.

2º A secretaria do comité de empresa informa as centrais sindicais que non se van celebrar plenos do comité de empresa.

A Portavoz do SGPS propon que se pague cos cartos da conta dos traballadores os dias de folga ata rematar cos cartos. Deixando a conta a cero.

CCOO di que se absten neste tema, pero que o reparto tera que ser segun a cuota que pague o traballador. Non pode cobrar o mesmo o que paga 2 euros que o que paga 5.

A portavoz da SGPS di que esta deacordo pero que se valeirara a conta. Repartindo os cartos entre os traballadores que secundaron a folga, Incluidos os membros do comité que a convocaron . Non fai falta esperar a nomina, que como foron poucos, que cada traballador diga os dias e se pagará.

CIG, CGT e UGT están deacordo coa proposta.

Remata o Pleno Extraordinario.

CCOO Non está deacordo conque se suspendan os plenos do Comité de Empresa.
CCOO seguiora loitando para que non haia despidos e os contratos sergas pasen a fixos.




martes, 25 de febreiro de 2014

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA DE CCOO


O pasado xoves as centrais sindicais CIG, CGT, SGPS e UGT reuníronse e tomaron a decisión de convocar movilizacións en contra das medidas da empresa, despidos e modificación sustancial das condicións de traballo do bloque quirúrxico e policlínicas.


CCOO non foi invitada a dita reunión, NON É UN PLENO, para que fose pleno tería que haber 12 membros do comité de empresa, cousa que non se deu.


As folgas convocanse para gañar, e para CCOO  isto pasa por ter o respaldo de todos/as traballadores/as do Hospital , o cal consíguese mediante unha votación en urna , donde todos e todas poidan expresar a sua vontade.
Danos a impresión de que hai moito  “loitador de salón”.


CCOO está polo mantemento do emprego e xornada completa para todos/as os/as traballadores de Povisa


CCOO prefire negociar, a que haxa máis despidos, que xa levamos demasiados, sempre defendendo o emprego e a xornada completa para os traballadores.


CCOO estava por negociar o mantemento das 40 horas para o persoal e NON DESPEDIMENTOS , isto non foi posible porque outros non quixeron negociar.
A unidade consiguese entre as seccións sindicais e chegando a consensos, non impondo, e olvidandose desta sección sindical, minoritaria pero que representa igualmente aos traballadores/as de Povisa.


CCOO participará nas mobilizacións que sexan consensuadas con TODAS as seccións sindicais , e pode mesmo chegar a FOLGA , SEMPRE E CANDO O DECIDAN TODOS/AS TRABALLADORES DE POVISA EN VOTACIÓN EN URNA


CCOO estivo e estará a o lado dos/as traballadores/as nas mobilizacións que éstos decidan maioritariamente , e recurriremos a o xulgado coma xa o fixemos con anterioridade


DESPEDIDOS READMISION

XUNTOS PODEMOS



xoves, 6 de febreiro de 2014

MODIFICACIÓN SUSTANCIAL DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DESPIDOS

Dende a sección sindical de CCOO POVISA.  Manifestamos o noso rexeitamento as intencións da empresa POVISA. Consideramos que o que nos presentou esta maña e unha chantaxe intolerable e inaceptable.
Non é de recibo que queira despedir a 13 compañeiros, pondo como mala disculpa o ter que cumplir a sentenza do Tribunal Superior de Galiza, sobre as reduccións de xornada do bloque quirúrxico e policlínicas.
CCOO non vai ha aceptar baixo ningunha circunstancia o despedimento de compañeiros que levan un feixe de anos traballando nesta empresa.
Se a Dirección de POVISA o que está buscando é confrontación vaise topar co rexeitamento desta sección sindical e do resto don comité de Empresa.
Chegou momento de voltar a demostrar a esta empresa, como se fixo este veran pasado, coa ultratividade do convenio, que os traballadores non toleraran amenazas desta Dirección.
Tamén debemos facer que tanto a conselleira de sanidade e presidente da xunta non poidan pasar de puntillas sobre o problema de POVISA, Non olvidemos que hai eleccións europeas en un par de meses, que teñan que sufrir a presión de todos os traballadores e moi importante para todos os compañeiros que agora mesmo teñen o seu posto de traballo entredito nun papel da empresa.
Temos que parar estes despidos e nelo non só nos xogamos o despedimento dos 13 compañeiros nos xogamos o futuro de todos e todas traballadores traballadoras de POVISA.
ENTRE TODOS SI SE PODE.
O Próximo xoves, debemos estar todos en Santiago, manifestandonos diante da sede da Conselleria de Sanidade, non hai disculpas, se alguén pode presionar a esta Dirección e a Conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que por certo foi asalariada da Familia Silveira no Hospital Nuestra Señora de la Esperanza en Santiago. Temos que subirlle os cores.

martes, 4 de febreiro de 2014

AUTO DA XUEZA SOBRE TURNOS DE CELADORES E AUXILIARES DE HOSPITALIZACION

O DIA 29 DE XANEIRO A XUEZA DO Nº 3 DITA UN AUTO DONDE DI QUE A EMPRESA XA CUMPRE A SENTENZA DOS TURNOS DOS CELADORES E AUXILIARES DE HOSPITALIZACIÓN. CCOO NON ESTA DEACORDO E PRESENTARA RECURSO CONTRA ESTE AUTO.
Se queres leer a sentenza pincha aqui
https://dl.dropboxusercontent.com/u/85658720/Enlace%20hacia%20sentenza%20ultima.pdf

mércores, 29 de xaneiro de 2014

COMUNICADO DA EMPRESA AO COMITÉ

 Ponemos en conocimiento  que el HOSPITAL POVISA.
Tiene la intención de abrir una fase de consultas en la que negociar una modificación sustancial de condiciones de trabajo de carácter colectivo.
En cumplimiento del articulo 41.4 E.T. Dentro de los siete dias siguientes a  la recepción del escrito, nos comuniquen que personas, hasta un máximo de 13, integraran la comisión negociadora.
dia 29/01/2014 a las 13 horas.
Desde la sección sindical de CCOOPOVISA, rexeitamos esta modificación sustancial, e acabaremos no xuzgado igual que as anteriores.
Non podemos permitir que está Dirección nos chulee.

martes, 14 de xaneiro de 2014

NOTA DE PRENSA DE CCOOSOBRE SENTENZA

OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN
                                          =========================

                               Sentencia favorable do T.S.X.G.


           A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, informa dunha NOVA SENTENCIA FAVORABLE para os traballadores de POVISA.

          O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dalle a razón a CCOO e os demais sindicatos do comité de empresa  (excepto o sindicato médico  O´MEGA) que interpuseron demanda contra a empresa POVISA o modificar os turnos de traballo do BLOQUE CIRÚRXICO e da POLICLÍNICA.

          Dita modificación supoñía unha REDUCIÓN DE XORNADA E a CONSEGUINTE MINGOA DE SALARIO.
          CCOO, celebra a nova sentencia gañada e van xa moitas contra o intento da empresa de aplicar unha política de austeridade cos traballadores mentras asina un concerto co SERGAS que permítelle a medio plazo incrementar os seus beneficios.

          CCOO, insta a empresa a NEGOCIAR UN CONVENIO axeitado donde respete acordos anteriores como o de xuño do 2006 que firmou POVISA xunto a consellería, empresarios, universidade e sindicatos co compromiso de manter o emprego como MÍNIMO o existente nesa data e instamos a que manteña unhos salarios acordes coa prestacións de servizos da empresa e os profesionais.


PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DO DÍA 09/01/14

PLENO ORDINARIO DO COMITÉ DO DIA 09/01/14

1) COMISIÓN PARITARIA
UGT: pregunta si se va a llevar solo la demanda inicial (bolsa de vacaciones).
Acordamos solo tratar el tema por el que se pidió la reunión de la comisión paritaria.
Se acuerda defender el derecho de cobro de bolsa de vacaciones para todos los trabajadores que disfrutan las vacaciones en los meses de Octubre, Noviembre y Diciembre, porque hasta ahora se venía cobrando.
2) CONCIERTO SERGAS POVISA
Todas las centrales sindicales hacen referencia de que se enteraron del acuerdo entre Empresa y Sergas por la prensa.
Se llega al acuerdo de solicitar una reunión con el Consejero Delegado urgente, para que informe al comité de empresa sobre el acuerdo alcanzado con el Sergas, y sobre la negociación del convenio colectivo.
También se solicitará reunión con los responsables del Sergas, para hablar del concierto.
3) NOTA DE PRENSA
El comité elaborará una nota de prensa explicando la demanda de información sobre el concierto con el sergas y la falta de información de los representantes de los trabajadores.
Si en el plazo de una semana seguimos sin información convocaremos una rueda de prensa.
4 ASAMBLEA Y CONTRATOS SERGAS
CIG: Manifiesta, que varios trabajadores mostraron su preocupación por su futuro laboral.
La Inspectora esta de vacaciones, se solicitará una reunión con la Inspectora de Trabajo, para tratar la denuncia de los contratos Sergas y de otras denuncias que están pendientes.
Se hará un escrito por el Comité de Salud Laboral, para dar contestación a la demanda de locales habilitados para el descanso del personal en el turno de noche.
CCOO: explica que llevará a su asesoría jurídica varios modelos de contratos Sergas para su estudio y valorar la postura a seguir.
Se hara una asamblea informativa para explicar los pasos dados y lo previstos.
Se acuerda realizar la asamblea el jueves dia 16/01/14 a las 15 horas.
Presentación de Presidenta y Secretaria del comité de empresa.
Concierto sergas.
Reunión con el consejero Delegado..
Contratos sergas.
Nota de Prensa..
Comisión Paritaria.
Ruegos y preguntas.

5)ORDENACIÓN COBACOS
Se explica el trabajo realizado el pasado jueves.
Se detectaron varios contratos raros, se denunciaran las posibles irregularidades en Inspección de trabajo.
Se hace referencia que la empresa está entregando los cobacos con meses de atraso.
Se acuerda hacer escrito a RRHH reclamando que se presenten a la firma los cobacos en el plazo dde 10 dias y fuera de horas sindicales.
De momento seguira la misma persona firmandolos, (CIG)
6)ASAMBLEA
Se discute el tema de quien modera la asamblea.
CCOO: Propone que sea la presidenta la que modera las asambleas.
7)CUSTODIA DE DOCUMENTACIÓN DO COMITÉ
Se discute sobre la responsabilidad de si se custodian los documentos o no bajo llave por una persona determinada.
CGT: Insiste en que debe ser la Presidenta y Secretaria quien custodie la documentación.
CCOO: También cree que deben ser estas personas las que custodien la documentación.
Se vota la propuesta y se aprueba.
Se acuerda venir el próximo jueves para hacer fotocopias de la documentación
8)VARIOS
CIG: Dice que por la noche ya no reponen los sobres de cafe y azúcar.
Se acuerda llevar el tema a la reunión de la comisión paritaria de hoy.
SGPS: pide comprar una grabadora, para poder hacer las actas.
CGT: pide copia de las propuestas de reglamento interno de las restantes secciones sindicales.
A las trece horas los representantes de la comision paritaria suben a la 7º planta, allí esta el Dir. de Recursos Humanos y comunica que solo asistirá él por parte de la empresa ya que no se comfirmó por parte del comité la asistencia a está reunión.
Finalmente no se celebró está reunión porque por parte del comité había una persona de más. Dos representantes de la SGPS, ( este problema de la sección sindical está generando problemas en las comisiones, pues las dos independientes se niegan a dimitir, y la representante que queda en la sección quiere asistir a las comisiones)
Este Martes habrá pleno para tratar este tema.
CCOO: no se va a posicionar sobre este tema ya que es un problema interno de una sección sindical.






SENTENZA DO TSXG SOBRE BLOQUE QUIRURXICO E POLICLINICAS

para leer a sentenza pincha

luns, 13 de xaneiro de 2014

INFORMACIÓN AOS TRABALLADORES

A TODOS OS TRABALLADORES DE POVISA

                                 ==========================================



             A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, ante o Acordo entre a Consellería de Sanidade e POVISA de ampliar o concerto, quere manifestar ante a opinión pública o seguinte:



         1º) CCOO, denuncia a falta de transparencia pública dunha "negociación" alongada no tempo e da que non se informa , nin do acordo acadado aos representantes dos traballadores, nin aos sindicatos representativos.

            2º) Ante esta situación o Secretario Xeral da Federación de Sanidade de CCOO-Galicia enviase escrito ao Director Xeral de Asistencia Sanitaria, solicitando información do acordo establecido polas partes, xa que entendemos que é un dereito que temos por ter representación en POVISA , por ser sindicato máis representativo e por ser asinantes do acordo básico pola saúde da Área Sanitaria de Vigo de xuño de 2006.
 
              3º) Despois deste Acordo, CCOO plantexa o seguinte :

  • A Dirección de Povisa xa non ten disculpas para asinar un novo Convenio Colectivo co Comité de Empresa, nin para seguir coa súa política de ERES e de recortes dos últimos anos.
  • Tampouco hai desculpas para non consolidar todos os postos de traballo eventuais que están encardinados a o Concerto co SERGAS
  • Finalmente xa non hai ningún motivo para non restablecer á xornadas completas a todos o/as traballadores que foron obligados a traballar menos horas con menor salario


CCOO, quere lembrar que o Acordo do 2006, cita como indispensable para manter o Concerto que a plantilla siga sendo
COMO MÍNIMO IGUAL Á EXISTENTE NESA DATA



Seguiremos informando… 2/01/14

A TODOS OS TRABALLADORES DE POVISA

                                 ==========================================



             A Executiva Comarcal de Vigo da Federación de Sanidade de CCOO, ante o Acordo entre a Consellería de Sanidade e POVISA de ampliar o concerto, quere manifestar ante a opinión pública o seguinte:



         1º) CCOO, denuncia a falta de transparencia pública dunha "negociación" alongada no tempo e da que non se informa , nin do acordo acadado aos representantes dos traballadores, nin aos sindicatos representativos.

            2º) Ante esta situación o Secretario Xeral da Federación de Sanidade de CCOO-Galicia enviase escrito ao Director Xeral de Asistencia Sanitaria, solicitando información do acordo establecido polas partes, xa que entendemos que é un dereito que temos por ter representación en POVISA , por ser sindicato máis representativo e por ser asinantes do acordo básico pola saúde da Área Sanitaria de Vigo de xuño de 2006.
 
              3º) Despois deste Acordo, CCOO plantexa o seguinte :

  • A Dirección de Povisa xa non ten disculpas para asinar un novo Convenio Colectivo co Comité de Empresa, nin para seguir coa súa política de ERES e de recortes dos últimos anos.
  • Tampouco hai desculpas para non consolidar todos os postos de traballo eventuais que están encardinados a o Concerto co SERGAS
  • Finalmente xa non hai ningún motivo para non restablecer á xornadas completas a todos o/as traballadores que foron obligados a traballar menos horas con menor salario


CCOO, quere lembrar que o Acordo do 2006, cita como indispensable para manter o Concerto que a plantilla siga sendo
COMO MÍNIMO IGUAL Á EXISTENTE NESA DATA



Seguiremos informando… 2/01/14