POR UN CONVENIO XUSTO PARA TODOS/AS
A todos os traballadores/as
a sección sindical de CCOO POVISA ante a paralización do convenio colectivo manifesta:
1º
CCOO denuncia a actitud dilatoria da Dirección da nosa empresa dende o
comenzo da negociación do convenio e dende Xaneiro totalmente
paralizado, creemos que só pretenden chegar ao 7 de Xullo sen ningun
tipo de acordo e despois aproveitarse do marcado na reforma laboral e
deixarnos sen convenio.
2º
CCOO entende conquerir entre todos os traballadores/as e sindicatos un
acordo de minimos que pase por garantir o emprego, salario e outras
condicións sociais. Non compartimos plantexamentos maximalistas que non
comparten os traballadores e retroalimentan a postura patronal. A
Dirección de Povisa non se senta a negociar xustificandoo pola “
intranxisencia sindical” porque o tempo xoga ao seu favor.
3º
Non o permitamos, non o consintamos, queremos e merecemos ter un
convenio propio, non pode ser que Povisa e o Sergas incumplan o firmado.
Neste senso queremos o cumplimento do acordo de Xuño do 2006 donde
ambos compremetianse por unha banda o Sergas manter unha carga de
traballo suficiente para toda a plantilla e Povisa como minimo a manter a
plantilla esistente. Evidentemente CCOO quere que Povisa teña garantida
a carga de traballo e ao mesmo tempo que os traballadores non vivan
nunha permanente incertidume.
4º Por iso CCOO pide sentido de responsabilidade tanto a Dirección de Povisa como a todos os sindicatos. Voltar a mesa de negociación e non levantarnos ata acadar un acordo nun convenio digno e propiciar un acordo definitivo entre o Sergas e Povisa.