domingo, 26 de agosto de 2012

REUNIÓN COA DIRECCIÓN Na reunión coa direwcción esta nos fai a proposta de cambiar un só turno, o turno que están facendo os celadores de 6 a 15 horas en dias alternos, por un dia de 06 a 08 e o seguinte de 08 a 15 horas. Os turnos de 20 a 02 horas non o cambian porque é un tema entre un traballador que pediu a xornada resucida e a empresa, e o das 06 a 15 horas é unha persoa contratada para tal fin( fin semana). O comité non acepta esta proposta e quer que se respete o horario anterior as reduccions de xornada.
PLENO DO COMITE DO DIA 23 AGOSTO 2012 Neste pleno tratouse a reunión que posteriormente tivemos coa Dirección da empresa, para negociar os turnos das auxiliares e celadores, aos que se reduxo a xornada. Acordamos todo o comité que a nosa postura nesta reunión sería, que a reducción de xornada se aplique dentro do horario existente antes daresucción de xornada, turno maña 8 a 15 horas tarde de 15 a 22 horas e noites de 22 a 08 horas. A empresa ten duas opcións reducir a xornada unha hora ou ben un dia libre a semana. Falouse tamen sobre a negociación do convenio, o dia 6 temos reunión, Unha sección propuxo facer outra proposta a empresa de conxelación salarial e resto igual, o resto das seccións non estivemos deacordo, porque se partimos da conxelación teriamos que baixarnos o soldo.

xoves, 2 de agosto de 2012

RESUME DO MES DE XULLO

Neste mes de xullo, seguimos negociando o convenio, non hai avance é a empresa segue querendo impor o convenio provincial.O Sr Silveira deunos as contas da empresa, e sorpresa esta gañou o ano pasado libres de impostos 1,5 millons de euros. E segue decindo que non somos competitivos.............. Estamos negociando os turnos dos celadores e auxiliares, porque o Xuiz obrigou a empresa a negociar, se non hai acordo o 11 de setembro celebrarase o xuizo, temos reunión o dia 23 de agosto.