sábado, 25 de febreiro de 2012

Nota informativa aos traballadores

A TODALAS-OS TRABALLADORAS-ES DE POVISA

Os traballadores de POVISA enfréntanse a unha nova amenaza de RECORTES, en forma de disminución de xornada e salario e mesmo de despido.

A dirección de Povisa decidida a RECORTAR, iniciou xa fai un tempo unha campaña de reducir costes sin contar coa opinión dos traballadores, dos seus representantes, nin do persoal afectado.

Povisa o fai e o SERGAS-Xunta de Galiza o consinte.

CC.OO. DENUNCIA o incumplimento dos acordos de xuño de 2006, donde a POVISA garantizabase a concertación E A CARGA O E O COMPROMISO A COMO MÍNIMO MANTER O EMPREGO EXISTENTE. Enténdese que "nas mesmas condicións".

CC.OO. rexeita a ameaza a 142 traballadoras-es de POVISA de que reducen a xornada e o salario un 12,5% o serán despedidas-os , baixo coacción e amedrentamento e con moitas presas .

Esiximos NEGOCIAR a proposta e polo tanto retrasar a data do 29 de febreiro para que os traballadores contesten si aceptan ou non os recortes o despidos. Basta xa de aproveitarse da situación de crisis no país .

CC.OO., esixe UNIDADE dos SINDICATOS, e pide unidade dos traballadores, para pararlle os pes a Dirección de POVISA e pedirlle a Xunta de Galiza que esixa a POVISA cumplir o acordo firmado.
A direción de Povisa cumple ou que se vaia e que A XUNTA expropie Povisa e se faga cargo dos seus traballadores-as.

E os compañeiros da C.i.G. lles decimos que asuman a súa responsabilidade.

Empezando por asumir como sindicato mais votado a Presidencia do Comité de Empresa. Non se pode pedir o voto para representar os traballadores e despois agacharse detrás da "revolución e a pancarta" sen mais. As pancartas si, pero coa unidade dos traballadores detrás

Pleno do comité de empresa do dia 23/02/12

CCOO propón ao pleno:
Solicitar mediante comunicado interior a formalización da COMISIÓN PARITARIA.
Todas as seccións estan deacordo, faise o comunicado.
Propomos plantexar conflicto colectivo polas reducións de xornada.
Se discute o tema e acordase solicitar a empresa a entrega da información dos estudios realizados realizados para a redución de xornada,aux enfermedria e celadores. Solicitase esa informacion a traves de comunicado.
Mentras debatiamos sobre presentar conflicto colectivo ou solicitar o informe, o Sr Susavila entrega un escrito, decindo que hoxe remata o prazo de alegacións por parte do comité.
Unha vez teñamos a resposta da empresa cada sección consultara coa sua asesoria xuridica.
Unha sección sindical comunica que ten pedido o salon de actos para facer unha asamblea de traballadores o Luns 27, propón cambiar a convocatoria e facela como comité. Aceptan todalas seccións.
Orden do dia da asamblea
Reducións de xornada. ( tipo de comunicado firmar para a reducion.
remata o pleno

venres, 17 de febreiro de 2012

REUNION COA DIRECCIÓN DIA 17/02/12

Hoxe tivemos unha reunión coa dirección, por parte desta estaban o Sr Silveira, Sra Mª Antonia, Sr Rodriguez, Sr Susavila, e Dr Geremias.
Nela nos din que van facer xornadas reducidas a todos/as traballadores/as de Povisa, NON É POR CAUSAS ECONÓMICAS; é por causas organizativas, non quere despedir a ninguen pero todos temos que solicitar a reducción de xornada. De enfermeiras para abaixo ( enfermeiras incluidas) Medicos non entran nas reducions-
Segun un estudio que fioxo Mª Antonia sobramos xenter, di que durante o vran non se sustituiu a xente e o traballo fixose, agora tampouco se sustituen as baixas e o traballo queda feito.
Polo tanto sobramos xente e para non despedir reducimonos todos a xornada por que somos bos compañeiros.
PA FLIPAR.

manifestacion

AS 11:30 h. DENDE A VÍA NORTE

O GOBERNO ABARATA E FACILITA O DESPEDIMENTO

Redúcese a indemnización de 45 días por ano, cun límite de 42 mensualidades no despedimento
improcedente, a 33 días e un límite de 24 mensualidades en todos os contratos indefinidos; pero
todo o texto da reforma aposta decididamente por un despedimento único de 20 días.

FACILITA O DESPEDIMENTO DO PERSOAL DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
Incide na calidade dos servizós públicos facilita o despedimentos dos empregados públicos.
Deste xeito, postos de traballo ata agora cubertos con contratos laborais poderán ser ocupados
por desempregados/as perceptores da prestación por desemprego.

IMPLANTA O DESPEDIMENTO LIBRE E GRATUITO
Non reduce os tipos de contratación indefinida e créase un novo contrato indefenido de dubidosa
constitucionalidade, que poderán utilizar o 95% das empresas e que poderá extinguirse dentro do
primeiro ano sen indemnización, pola simple bontade do empresario.

DÁSELLE MÁIS PODER Á EMPRESA

Por unha banda, amplía as posibilidades de mobilidade xeográfica; por outra, facilita que a em-
presa modifique unilateralmente xornada, horario, salarios e sistema de rendementos, entre
outras condicións substanciais de traballo. Tamén permite suspender ou reducir temporalmente a
xornada de traballo sen autorización administrativa.

AFECTA GRAVEMENTE Á NEGOCIACIÓN COLECTIVA

Conduce os traballadores e traballadoras á negociación individual das súas condicións de traba-
llo. Por unha banda, permite, que, a través da arbitraxe obrigatoria, non se apliquen os convenios.
Pola outra, acaba coa ultractividade destes aos dous anos da fin da súa vixencia inicial. Ademáis,
o convenio de empresa, sexa cal sexa o número de traballadores, sitúase sen excepción como
preferente respecto ao convenio de ámbito sectorial.

INTRODUCE DIFERENZAS NAS POSIBILIDADES DE EMPREGO

Coloca en mellor situación os parados que perciben prestacións por desemprego respecto daque-
las persoas que as esgotaron. Creanse as condicións para condenar definitivamente as mozas
e mozos ao desemprego e ao infraemprego pola vía da contratación a tempo parcial e dun novo
contrato de aprendizaxe desvinculado realmente da formación.

luns, 13 de febreiro de 2012

ASAMBLEA XERAL DIA 13/02/2012

Hoxe tivemos unha asamblea xeral de traballadores co punto do orde do dia aredución de xornada para celadores e auxiliares de hospitalizacion.
Non asistiu moita xente.
Expuxose ao persoal o que nos contou a emporesa e conformamos que as auxiliares de noites fixas tamen se lle reduce a xornada, siguen traballando as mesmas noites e cobraran por 35 horas.
Tamen se explicou que coa entrada da reforma laboral, xa esta publicada, o tema está máis complicado.
CCOO expuxo aos traballadores, alguns preguntaban que deberian facer, que se vai informar coa asesoria xuridica de algunha salida, ainda que unha vez leida a reforma non vemos moito que facer, unha vez informados diremoslle aos traballadores algo máis.
Está reforma laboral liquidou todos os dereitos dos traballadores.

venres, 10 de febreiro de 2012

PLENO ORDINARIO 09/02/12

PLENO ORDINARIO 09/02/12
Comenza o pleno coa firma da acta do pleno do dia 01/09/12,esta acta ten 53 folios, é unha transcripción literal da grabación do pleno.
A CIG e SGPS din que non firman.
A CIG pide que se lle pase a grabación para poder oila e cotexar a transcripción. Pide que se fagan actas dos acordos e dos debates, pero non como un guion de cine.
O resto das sección firman a acta.
Hai un interfcambio de opinión entre diferentes centrais.
CCOO. Fai entrega ao secretario dun escrito que lle entregaron 4 traballadores de arquivo, pola reducción de xornada que asignaron, no escrito que esta dirixido ao comié de empresa.
Se lle pide que o lea, negase decindo que como o secretario non ten función, non é función del.
A le un membro da CIG. Nel pidesee que negociemos coa empresa para que non os despidan. A 5ª persoa do arquivo negase a firmar a reducción de xornada. Como é membro do comité a CGT preguntalle por que non asigna.
Resposta que é unha chantaxe da empresa e que non vai a aceptar esa reducción, mentras se trata este tema están dous traballadores de arquivo, presentes no pleno.
CCOO: Di que non vai valorar nin posicionarse no tema deste traballador,pois é un tema de índole persoal desa persoa.
CCOO: Propon ao pleno do comité de empresa, facer unha asamblea, ben pora todos os traballadores ou ben para auxiliares e celadores de hospitalización, donde informar das reduccións de xornada e tratar as medidas a tomar.
Tamen pide ao pleno, que se solicite a convocatoria da comisión paritaria, para tratar o tema dos atrasos, como di a sentencia dos atrasos.
A CIG resposta que a sentencia dí que o comunicado da comisión paritaria tense que entregar ao Presidente de dita comisión, e como está non se constituiu por parte da empresa non hai a quen entregarllo.-
CCOO: Dì que se solicite a creación da comisión paritaria e unha vez nombrado presidente se entregue o comunicado, para tratar os atrasos.
CGT e SGPS Dìn que no tema das reduccións de xornada millor pedir antes de informar aos traballadores, unha reunión coa dirección para que nos informe millor sobre o tema.
CCOO: Dí que non ten ningún problema en pedir esa reunión, pero que o importante agora é informar aos traballadores, por que xa temos información da empresa de a cantos traballadores afecta e de que tipo de reduccións estamos a falar.
CIG dí que cree que é millor primeiro falar coa direccióne dí que se chame ao xefe de persoal porque ao millor nos recibe agorta.
Chamamos e recibenos.
Nos dí o Sr Susavila.
Todas as auxiliares (102), non sabe sia afecta as que traballan de noites fixas, maña nos contesta.
Celadores (41) todos os de hospitalización máis os de tuno rotatorio (maña,tarde e noite)
O motivo é orgamnizativo, non económico.
Dí que hai en horas que non hai carga de traballo para todos. Non cambiaran os turnos pero si os horarios (diurnos) e a rotación
Se pregunta que pasaría se o todo o persoal se nega a reducirse a xornada.
Respota que despiden 26 e o resto queda con 40 horas.
Se máis de 30 se negan presenta conflicto colectivo, habririase un prazo de negiociación co comité e se hai acordó o impondría, se non hai acordó despide as persoaas que non aceptan e contrata ao mesmo numero con xornada reducida. Se os que non aceptan son m,enos de 30 despide a esas persoas e contrata mesmo numero con xornada reducida.
Falamos do terma de arquivo dí que aou aceptan todos a xornada reducida como en secretaria clínica ou despide a todos menos ao membro do comité que o recolocaría.
Decimoslle que recoloque a esta persoa e que deixe aos outros catro con xornada reducida en arquivo e conforme vaia baixando a actividade os recoloque noutros sitios.
Dí que non todos ou despedos.
Insistimos decvindo que xa que de todas formas vai ter que recolocar a esta persoa que deixe quedar a todos os de arquivo.
Dí que non que conforme vaia baixando a actividade despedirá.
Preguntamoslle cando seria, resposta que non sabe que xa verían e que ao millor se irían de un en un dos en dous ou todos xuntos.
Se lle pregunta se unha vez a empresa teña beneficios, os traballadores voltarian a xornada completa, dí que non, que é un tema de cargas de traballo e iso non vai cambiar.
Se lle dí que o que queren e reducir costes e aumentar beneficios.
Coma todos empresarios.
Se pregunta se na 1ª planta tamen habrá reducións de xornada. Resposta que non Hai proxecto.
Preguntasen se van a aumentar as enfermeiras nas plantas, resposta que non.
Tamen preguntamos se as enfermeiras tamen se lle vai reducir a xornada, dí que non.
Voltamos ao pleno e contamos a reunión ao resto dos membros do comité.
Tomase a decisión de facer unha asamblea cos traballadores urxente, pidese o salón de actos para xoves, logo venres e coma a empresa di que hai que pedilo con 48 horas de antelación pedimilo para o luns.
O secretario do comité de empresa presenta a sua dimisión como tal e coma tesorero.
Remata a reunión.

xoves, 9 de febreiro de 2012

PLENO ORDINARIO 26/01/12

PLENO ORDINARIO COMITÉ DE EMPRESA
DIA 26 XANEIRO 2012
Non hai orden do día por non haber Presidente.
Comenza o pleno e toma a palabra a CGT para comunicar ao resto do comité que tiveron una reunión coa Dirección “ Sr Silveira” o día 17/12/12. Nela preguntaron ao Conselleiro Delegado polos rumores que circulan polo hospital.
Cartillas de Portugal. Responde a empresa que non hai nada sobre ese tema.
Convenio MUFACE. Veñen a alguna consulta porque os Hospitais que teñen como referencia non teñen esas especialidades, pero non hai ningún concertó con esta mutualidade, os seguros que teñen a os funcionarios utilizan outros hospitales para eles.
Concerto co Sergas. Está en punto morto.
Preguntan tamen pola posibilidade de readmitir aos despedidos/as de arquivo e despedidas de limpeza. Responden que para os primeiros non hai sitio donde recolocalos e sobre as segundas, en todo caso dentro dun ano, pois o contrato coa contrata non finaliza hasta ese tempo, e seria sempre con outras condiccións laboráis e salariales ( convenio provincial ).
Contratos Sergas. Responden que despedirán a todos e logo contratarían alguns e a outros non.
O secretario do comité “ Jacinto Balboa” comunica que recibíu una invitación para todos os membros do comité para asistir a presentación da ponencia Seneca (sobre calidade e seguridade do paciente) Ponente Luisa Geremias Director medico. Sera o luns 30/01/12 no salón de actos as 14 horas.
A CIG pregunta a CGT se a dirección dixo que habría máis despidos en Marzo.
CGT Resposta que a dirección dixo “ Ha empresas fara o que teña que facer para facer viable a empresa. Tamen comentou a empresa que está vendo un baixo nas Teixugueiras para Dialisis e Rehabilitación.
A esterelización se lle reduxo a xornada a 35 horas e sobra una persoa.
A CGT pregunta a CIG pola sentenza dos atrasos.
A CIG resposta que a sentencia os remite a comisión paritaria. Xa está presentado o recurso da sentencia. Se a comisión paritaria non chega a un acordó, voltara a presentar denuncia no xulgado.
Chus Neira (CIG) coma secretaria da comisión de saude laboral, comenta a última reunión.
O plan de evacuación está casi rematado, faltan por nombrar as persoas responsables.
Habra unas fichas de utilización de productos tòxicos.
Trataron tema de guantes defectuosos ( rompen moitos) a empresa esta facendo un estudio se isto se debe a una partida defectuosa ou se é pola mala calidade dos guantes.
Tamen expuxose tema das xeringas de 10 que hai que facer moita forza para cargar.
Sobre accidentes laboráis. Entregaron os accidentes que houbo , todo por esquemas e baixaron os accidentes. Se lle pediu que o informe sexa por especialidade, planta e porque? Respostan que non.
Faltan os accidentes por pinchazos, o entregaran próximamente.
Protocolo de maternidade. Según a empresa agora non fai falla quitar as mulleres embarazadas de Rx e MN.
Os delegados quedaron de informarse se cambiou a lexzislación sobre este tema.
Posiblemente fagase un simulacro de evacuación do hospital en febrero.
CCOO pregunta ao resto das seccións se xa respostaron a empresa sobre o retorno as negociaccións do convenio. Nos Xa respostamos que a partir do luns pasado cando a empresa queira.
A CIG di que xa lle contestaron e que puxeran como condición a empresa a celebración da asamblea de traballadores, está xa se fixo e aprobaron o anteproxecto. ( asamblea feita por CIG e SGPS). Con este anbteproxecto é co que van negociar. Subida lineal de 40 euros para todos resto do convenio como está.
O resto das seccións sindicais respostan que xa comunicaron a empresa a disposición a seguir negociando o convenio.
A CIG entrega ao secretario as facturas dos gastos despedidas, cuñas publicitarias, pitos, lazos ect.
A CIG propón que cos cartos da conta do comité se lle abone a xente que apoiou a folga 100 euros por dia de folga para xornada completa e 80 euros os de xornada reducida.
UGT propon 50 euros como na folga anterior.
CCOO di que está deacordo coa CIG e SGPS.
A CIG di que está proposta é da asamblea de traballadores, na última asamblea convocada por CIG e SGPS.
CGT di que este pago o ten que aprobar a asamblea de traballadores que pagan a cuota, e así aproveita o secretario para pedir permiso para mercar un ordenador novo para poder facer as actas no local do comité e non ter que seguir facendoo na casa.
Quedase en facer una asamblea o luns 30 as 15 horas para poder facer efectivo o pago a primeiros de febreiro aos traballadores afectados. Tendran que presentar a nomina máis a anterior.
Preguntaselle a delegada de saude laboral da SGPS se denuncio na reunión de saude laboral que nos locais do comité se fumaba. Ela resposta que si, que non se pode fumar en ningún lugar do hospital e que o personal de Povisa, se lle queixou de que no pica cheira a tabaco.
A CIG preguntalle a CCOO sobre a denuncia que presentamos por esquirolaxe da empresa ao contratar una empresa para limpar durante a folga,” di que esta pregunta lle mandaron facela as limpadoras despedidas. CCOO responde que esta denuncia está en traballo e mentras este non conteste non se pode ir a via xudicial, que en canto estea o faremos. POR QUE AS LIMPADORAS NON SE DIRIXEN DIRECTAMENTE A QUEN PRESENTOU A DENUNCIA? .
Por parte da CGT chaman a unidade sindical e se non se vai a facer un anteproxecto conxunto.
Sobre a unidade sindical a CIG di que apoiara todo no que ela crea que non vai a acatar ninguna maioria e sempopre fara o quer considere oportuno.
Miguel Touron pediu a palabra e dixo que el non vai firmar ningún cheque máis e que o comité ten que designar a outra persoa para este tema. Que xa o dixo no pleno anterior.
Unha delegada da SGPS pediu a palabra para explicar porque traballou durante a folga.
CCOO decimpos que non nos interesan as explicacións.
Damos por rematado o pleno.

mércores, 8 de febreiro de 2012

reduccions de xornadas

Hoxe ccoo foi chamado polo xefe de persoal Sr Susavila. Nos comenta as reduccions de xornadas que realizaron e que o persoal aceptou en esterilización,e mantenimiento, estes ultimos os traballadores de oficios varios, pintor , fontanero , albañil.... Estes seran efectivos o 1 de marzo, son xornadas de 35 horas.
As seguintes reduccions de xornadas seran en hospitalización 2ª planta hasta a 5ª incluida, queda fora pediatria. Seran xornadas de 35 horas para aux de clinica e celadores, segun él sobran 26 persoas e que asi non tendrian que despedir a ninguen..
Arquivo, ofreceronlle a reduccion de xornada voluntaria ou se non executaran a sentencia dos despidos de arquivo donde segun el xa deixa aberto a posibilidade de seguir despedindo. Unha persoa de arquivo negase a reducir xornada, representante do comité de Empresa da CIG.
Tamen nos comenta que se van retirar os picas e que a xente tera que fichar no seu posto de traballo tanto a entrada como a saida e tamen as cafeterias que saian a calle.