mércores, 30 de novembro de 2011

Concentración en Santiago

Hoxe fomos a Santiago a Conselleria de Sanidade para intentar ser recibidos por algun responsable do Sergas e poder saber como estan as negociacións do concerto e máis que presionaran a Silveira para que retire os despidos.
Nos recibiu Rocio Mosquera no Hall e mandounos de malos modos e dixonos que eles non iban a intervir en Povisa para nada, e que podia facer o que quixera Silveira, Contestouselle que ibamos a facer moito ruido e que son os responsables do que esta pasando en Povisa.
Maña e a manifestación en favor das compañeiras despedidas, pedimosvos o voso apoio e intentemos ser os máis posibles, hai que parar estes despidos

luns, 28 de novembro de 2011

caravana ao morrazo

Hoxe pola tarde fixemos unha caravana de coches polo morrazo.
gracias a todos pola sua participacion.
Maña imos aos centros de saude de vigo e logo pola tarde a xunta a insp de traballo.

luns, 21 de novembro de 2011

Retirada do ERE por parte da empresa

Hoxe fomos convocados pola empresa, está nos comunicou a retirada do ERE a limpeza e arquivo, tamen comunicou que tomara as medidas que considere oportunas para facer rentable a empresa, non quixo facer ningun comentario mais nin explicar en que van consestir ditas medidas.

martes, 8 de novembro de 2011

3ª reunión convenio colectivo

Hoxe celebrouse a terceira reuniòn da negociación do convenio colectivo.
Onte a empresa fixo unha proposta. Baixada do 12,5 % do salario para todos os traballadores.
Hoxe fixo duas propostas.
- Baixada do 5% para todos os traballadores e os novos contratos se rexirian polo convenio provincial, tanto economicamente como socialmente.
-Retirada de unha paga para todo po personal e convenio provincial para os novos contratos.
O comité non fai propostas porque estamos pendentes do pleno do Xoves para presentar as propostas e logo levalas a asamblea do mesmo dia.
Preguntada a empresa se con esas medidas retiraba o ERE e se non habia máis reducciòns de xornada.
Resposta a empresa segue viva e fara o que teña que facer non retira o ERE.

venres, 4 de novembro de 2011

REUNIÓN DO ERE DIA 03/11/11

A emprea entregou o desglose das contas de gastos de persoal por categorias, como lle pediu a semana pasada o SIND 3.
Nada màis reseñable.

1ª rReunión Mesa negocidora 03/11/11

Reuniuse a mesa para marcar o calendario de reunións
Seran 3 semanales Luns martes e Xoves.

Peno extraordinario do comité de empresa 03/11/11

Orde do dia:
Anteproxecto do convenio colectivo.(a petición da CIG)
Este pleno foi convocado a petición da CIG. Esta explica que dado que esta tarde hai reuniòn da mesa negociadora do convenio colectivo, habera que facer un anteproxecto. Polo que di que todas as centrais tendriamos que facer un anteproxecto, para logo consensuar un entre todos os sindicatos e levar a asamblea esa proposta. ( Como se fixo sempre).
A partir de aqui non se nomearan as siglas dos sindicatos pois algunha seccions non queren aparecer identificadas.
SIND 3 :
propón que o luns fagamos un pleno e que todas as centrais traian as suas propostas.

SIND 4 : di que non lle da tempo, a preparar un anteproxecto de convenio para o Luns, Propón que o Xoves.
CCOO: di que non ten problemas para que sea o luns, pero se algunha central necesita máis tempo non ten problema.
SIND 5 :di o mesmo que ccoo.
quedase para o xoves 10 as 9 horas. E as 15 horas asamblea de traballadores. Se non se chegara a un acordo de anteproxecto cada seccion presentaria a sua
SIND 1 : pregunta que se esta negociando coa direccion?
SIND 3 resposta que dixo que desde o principio que iva a dialogar .
SIND 4 di que se retirou das reunións porque non lle gustava o que estava encima da mesa.
Todos lle din que diga o que hai encima da mesa.
SIND 4 : Non o vai decir.
Remata a reunión.
PLENO XOVES 10 E LOGO ASAMBLEA