sábado, 8 de outubro de 2011

2ª Reunión do ERE 07/10

O venres dia 7 fomos convocados a segunda reunión do ERE.
Por parte da empresa os mesmos da primeira reunión. (Rodriguez Susavila e avogado).
Polos sindicatos os representantes que lle corresponden a cada seccion màis asesores externos que levamos todas as seccións menos unha que non levou a ninguen externo.
No caso de CCOO levou ao Avogado do sindicato.
A empresa non aportou a documentación requerida polo comité de empresa. Dixeron que traerian esa documentaciòn na próxima xuntanza." a ver se é verdade".
Por parte do comité fixeronse preguntas sobre as contas, pois con outra interpretación as perdas non serian tales.
A empresa respondeu pouco.
A empresa di que non nos quedemos co ERE de limpeza e arquivo, pois preven
perdas tamen este ano e presentaran outro ERE en canto poidan legalmente. Intentaran que so se queden como empregados de povisa , medicos, enfermeiras e ax de clinica.
E rematou a reunión así.
Teremos outra reunión a próxima semana.

xoves, 6 de outubro de 2011

Reunión na sede da Xunta en Vigo 06/10

Nos recibe Carmen Bianchi (conselleria de traballo).
Reunión ERE.
Nos di que estan revisando o expediente que este esta completo, só pediron dous documentos a màis a escritura da empresa e as contas deste ano firmadas polo conselleiro, o que mandou esta firmado pola diretora financieira.
Que a empresa ten perdas e as contas estan auditadas. Que seran flexibles cos prazos e que intentemos chegar a un acordo coa empresa.
Nos di tamén que o informe da inspetora de traballo se tera en conta.
Se comenta o apartado de contas das penalizacions do sergas 6 millons, din que o veran, pero insisten que a empresa ten perdas.

Reunión coa inspetora de traballo 04/10

Reunese o comité coa inspetora de traballo ( reunión ERE). A inspetora di que xa ten o espediente, que esta completo, e instanos a negociar coa empresa.
Di que non vai a entrar en se estan ben as contas ou non pois estas estan auditadas por unha empresa externa de prestixio. Polo tanto parte da base que a empresa ten perdas. Que nos axudara e mediara coa empresa nas negociacions.

Reunión coa dirección dia 04/10 1º do ERE

Fomos convocados o Martes dia 5 Pola empresa para comenzar as negociaccións do ERE.
Por parte da empresa Están o Sr Rodriguez, Susavila, Manuel de persoal( levantando actas) màis o avogado da empresa (como asesor).
Por parte do comité todos os membros.
A empresa emplazanos a que fagamos unha comisión negociadora como nos convenios.
Que cando a teñamos lla fagamos chegar para facer xa un calendario de reunións.
Tamen pide que a documentación adicional se pida en conxunto para non duplicar as peticións.
A comisión queda constituida por
3 CIG, 3 OMEGA, 2 CGT, 2 SGAPS*, 2 CCOO* 1 UGT.
* 1 membro eé compartido entre SGPS e CCOO. Iran cambiando en cada reunion.
Ademais poden estar presentes dous asesores por cada seccion sindical.
Remata a reunión.

Pleno extraordinario do comité 03/10

Punto único ERE Limpeza e arquivo.
Presentes todas as seccións sindicais que forman o comité de empresa.
Vaise pedir de urxente reuniòns coa Dirección, Inspeción de traballo e coa Xunta.
Pregunta o presidente, as seccións sindicais, se xa teñen algun informe sobre o ERE.
CCOO responde que neste momento está javier Costas no sindicato para ver se xa está feito o informe xuridico ou que lle dea un adianto o avogado.
Un sindicato di que está estudiando o expediente do ERE a asesoria economica, pois hai cousas que non ven claras, se atopan algo iran ao xuzgado.
O resto de seccións están a espera do informe xuridico.
A CIG pide un receso pois teñen que falar. 45 minutos de receso.
A volta do receso o Presidente comunica que a empresa denunciou o convenio olectivo. (Temos que negociar o novo convenio para o ano 2012).
CCOO. Di que o avogado é contrario ao ERE ainda que recoñece que hai algunha sentecia a favor de ERES similares.
Un sindicato di que : haberia que facer unha carta denunciando a situación de Povisa, para os partidos politicos. Tamen facer mobilizaciòns serias e convocar unha folga.
CCOO responde que mentras haxa unha oportunudade de negociar vai a agotar esa via. Que a folga é o último. Despois da folga que?
O resto de seccións optan tamen pola negociación.
Vaise pedir unha reunión coa empresa para comenzar as negociacións.
Remata este pleno