xoves, 15 de decembro de 2011

Desconvocatoria da folga.

Hoxe a asamblea xeral de traballadores desconvocou a folga.
A postura por parte dos sindicatos convocates da folga foi.
Por unah parte CCOO, CGT, e UGT foi que no dia de hoxe ningun traballador secundou a folga que sepamos,os traballadores que estes dias secundaron a folga hoxe entraron a traballar.
Neste dia so estivemos na porta estas seccións sindicais.O seguimento pasou a ser nulo e non todas as seccions convocantes estavan a participar.
Por outra parte CIG e SGPS repartiron un folleto polo hospital decindo que quedaba en suspenso a folga ata o luns.
Na asamblea plantexaron isto como se fose unha proposta da asamblea do martes pasado, isto non é certo, o martes a CIG plantexou isto e CCOO tiña reservas legais e dixo que non tomaria ningunha decisión ata falar coa asesoria xuridica do sindicato, cousa que fixo o mercores pola maña e nos din que é ilegal e que a empresa pode sancionar e incluso despedir aos membros do comité de folga, non se estaria facendo unha folga igual a solicitada, fraude de lei, isto se dixo na asamblea do mercores.
Plantexouse isto a asamblea e esta decidiu desconvocar. É efectiva dende maña as 8 da maña.

Ningún comentario:

Publicar un comentario