xoves, 15 de decembro de 2011

Desconvocatoria da folga.

Hoxe a asamblea xeral de traballadores desconvocou a folga.
A postura por parte dos sindicatos convocates da folga foi.
Por unah parte CCOO, CGT, e UGT foi que no dia de hoxe ningun traballador secundou a folga que sepamos,os traballadores que estes dias secundaron a folga hoxe entraron a traballar.
Neste dia so estivemos na porta estas seccións sindicais.O seguimento pasou a ser nulo e non todas as seccions convocantes estavan a participar.
Por outra parte CIG e SGPS repartiron un folleto polo hospital decindo que quedaba en suspenso a folga ata o luns.
Na asamblea plantexaron isto como se fose unha proposta da asamblea do martes pasado, isto non é certo, o martes a CIG plantexou isto e CCOO tiña reservas legais e dixo que non tomaria ningunha decisión ata falar coa asesoria xuridica do sindicato, cousa que fixo o mercores pola maña e nos din que é ilegal e que a empresa pode sancionar e incluso despedir aos membros do comité de folga, non se estaria facendo unha folga igual a solicitada, fraude de lei, isto se dixo na asamblea do mercores.
Plantexouse isto a asamblea e esta decidiu desconvocar. É efectiva dende maña as 8 da maña.

martes, 13 de decembro de 2011

Seguimento da folga

4º dia de folga, e seguimos entrando a traballar membros do comite, debe ser que a SGPS non é convocante da folga, logo estamos na porta pedido a xente que non entre a traballar, asi non vai funcionar,
Temos a sensación que hai moitas ganas de desconvocar a folga, sobre todo dos que levan desde a formación do novo comité con unhas ganas locas por estar en folga e agora que a hai non estan contentos.
Hoxe subiuse a proposta de convenio a dirección quedaron de contestar, pero xa dixeron que agora non é prioritario.
En canto contesten subiran as representantes da asamblea a negociar coa dirección e o comité de folga ira de ointe. Somos unha republica bananera, se asi pensamos arranxar o problema creo que imos de cu.

domingo, 11 de decembro de 2011

Convocatoria de folga

25 Nov. 2011.
SR.DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR DE PONTEVEDRA
PRAZA DA ESTRELA Nº 9 - 4º PL
26211 - VIGO
ISIDRO ROMAN LAGO, DNI XXX Secretario Xeral da CGT de Vigo, con enderezo na Rúa urzaiz, 173 entreplanta, dereita, 36201- Vigo, e FERNÁN COUTO ARAUJO CO DNI XXX, Secretario Xeral da Federación de servicios públicos de UGT en Pontevedra, con enderezo na Rúa Garcia Barbón nº 67 36201- Vigo, ARACELI LOUREIRON SOUSA, co DNI xxx Secretaria Xeral da Federacion de Sanidade de CCOO de galicia en Vigo, con enderezo na Rúa Teixugueiras nº 11 entreplanta, Navia 36212- Vigo, ANTONIO IGLESIAS DUARTE, co DNI xx Secretario Comarcal CIG Saude en Vigo, con enderezo na Rúa Gregorio Espino nº 47 - entreplanta, Vigo 36205, CARLOS FERNÁNDEZ GÓMEZ CO DNI xxx Secretario Xeral de SGPS en Vig o, co enderezo na Rúa Aragon nº 197 interior 36209- Vigo
COMUNÍNCANLLE a vostede,

1º - Que as traballadoras e traballadores do Hospital Povisa de Vigo, convocadas en asamblea polos sindicatos CCOO, CIG, CGT, SGPS e UGT e os delegados e delegadas destes sindicatos representados no Comité de Empresa no Hospital Povisa de Vigo celebrada o día 24 de novembro de 2011 ten decidido exercitar o DEREITO a FOLGA polos seguintes motivos:

1º - Pola consolidación da plantilla do Hospital POVISA.

2º - Polos cambios sustanciais das condicións de traballo.

3º - Pola crispación constante na empresa provocada pola dirección da mesma.

Os días de celebración da FOLGA serán os seguintes:

- A partir do día 9 de decembro de 2011, inclusive, a Folga será de xeito indefinido, ata conseguir acordo.

2º - Perante os días de folga os traballadores e traballadoras celebrarán concentracións diante do centro de traballo para o cal se establecerá un servizo de orde.

3º - O Comité de Folga estará constituído polas seguintes persoas:

Por CCOO:
- FRANCISCO JAVIER RODRIGUEZ MARQUEZ
- TERESA AMPARO CORDON PEREZ

Por UGT:
- FERNANDA LOZOYA BERMUDEZ
- MANUELA COLLARTE RODRIGUEZ
Por SGPS:
- MARIA TERESA IGLESIAS RODRIGUEZ
- MARIA PILAR PEREZ BARRIO
Por CIG:
- MARIA JESUS NEIRA PICON
- CARMWN COUTO TOURON
Por CGT:
- JACINTO BALBOA LOMBA
- GEMA FERNANDEZ FERNÁNDEZ

O domicilio de comunicación do Comité de Folga queda establecido nos locais do Comité de Empresa do Hospital POVISA de Vigo, sito na calle Salamanca 5

Vigo, 25 de Novembro de 2011

3º noite de folga

terceira noite de folga e seguimos con compañeiros do comité e delegados que están en mínimos.
Menos mal que os membros do comité poden sair dos servicios mínimos. os da SGPS non deben sabelo.
Ala cada cual coa sua concie ncia

sábado, 10 de decembro de 2011

Dous dias de folga en POVISA

Levamos dous dias de folga e xa temos algunhas incidencias que comentar.
1º A gran sorpresa nada máis comenzar a folga e que DOUS REPRESENTANTES DA SGPS quedaron traballando toda a noite e non secundaron a folga (imaxino que estarían en mínimos). Mal Vamos se os membros e delegados sindicais traballan durante a folga.
2º Segunda noite de folga e UNA REPRESENTANTE DOS TRABALLADORES REALIZA O SEU TURNO. Non entendo pois esta mesma persoa reprochou aos representantes de CCOO que lles deran servicios minimos Esta representante e da CIG menos mal que eles son os que reprochan aos demais o que fan.. Ningún representante de CCOO traballou nesta folga pois saimos dos mínimos por ética. CCOO considera que ningún representante sindical debe traballar durante a folga.
3º Algunhas centrais fixeron unha nota decindo que durante o fin de semana non habría controis nas portas, ainda que as siglas de CCOO aparecen nesta nota, nos seguiremos estando tanto de maña, tarde e noite na entrada de povisa, a folga non se foi de weekend.
Sen ter que ir polas plantas despois de almorzar para ver quen esta e repartir pegatinas de servicios mínimos.

sábado, 3 de decembro de 2011

Asamblea xeral de traballadores

Onte tivemos unha asamblea para contar a reunión coa direción
Explicouse o contido da reunión. Como había duas interpretacións:
A CIG e SGPS decian que se se desconvocaba a folga e se retiraba a denuncia dos atrasos readmitia as despedidas.
CGT,UGT e CCOO deciamos que aparte había que subirlle unha proposta económica coa rebaixa salarial.
Subimos a falar con SR Susavila e Rodriguez e nos dicen que hai que facer unha oferta económica que senon hai despidos. A CIG di que non foi asi " ó que dixo o Sr Silveira era o que din eles"
Baixase a asamblea e seguimos coas duas posturas a SGPS dí que tiñamos nos a razon.
A CIG di que pedira unha reunión urxente con o Sr Silveira para clarificar o tema.
Remata a asamblea.

Reunión coa direción do dia 02/12/2011

Onte mantivemos unha reunión coa direción do hospital, pedida por o comité de empresa.
Fomos recividos polo Sr Silveira, Rodriguez e Susavila.
Dous representantantes de cada sección sindical.
Se lle pediu que retira os despidos.
Preguntou a CGT que costo teriamos que asumir os traballadores para que foran readmitidas.
Responde que para negociar hai tres premisas
Desconvocatoria da folga
Retirada da denuncia dos atrasos ( o xuizo é o dia 19/12/2011)
E rebaixa salarial para compensar as perdas ( en torno aos 2,5 millons de euros) +- 5% salario dos traballadores.
Di que lle fagamos unha proposta e que el esta dispoñible todos os dias da semana excepto o Domingo ata o dia 8/12/12. Pois a partir dese dia hai folga e el non negocia durante a folga.
Ta,men di que a partir do dia 12 a resolución do problema é máis complicado pois terian que despedir a xente da subcontrata e que estas persoas tamen teñen fillos ect.

Resolución do ERE.

Transcribo a resolución do ERE para que sepamos exactamente o que pon:
Regulacion de Emprego
Expe:513/2011
Vista a solicitude de regulación de emprego, promovida por D. Jose Bernardo Silveira Martin en calidade de Conselleiro Delegado da empresa HOSPITAL POVISA, S.A. apreciáronse os seguintes:
FEITOS
PRIMEIRO:A devandita empresa formula unha solicitude, que tivo entrada nesta xefatura territorial con data 27 de setembro de 2011, para que se lle autorice a extinción dos contratos de traballo de 57 produtores, por causas económicas e organizativas.
Segundo: En data 18 de novembro de 2011, achégase a esta oficina pública escrito de desistimento do Expediente de Regulación de Emprego solicitado. Asinado por D. José Bernardo Silveira Martín.
Cuarto:Na tramitación deste expediente obseváronse tódolos requisitos legais.
FUNDAMENTOS XURÍDICOS
Primeiro:A competencia desta Xefatura Territorial para coñecer e resolver o expediente vén atribuída polas seguintes normas:
a) Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 marzo, polo que se aproba o texto refundido a Lei do Estatuto dos Traballadores.
b) Real decreto 1999/1984, do 12 de setembro, sobre o traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, no tocante a expedientes de regulación de emprego.
c) Decreto 536/2005, do 6 de outubro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Traballo.
d) Real decreto 801/2011, do 10 de xuño, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de regulación de emprego e de actuación administrativa en materia de traslados colectivos.
Segundo:O artigo 42 da Lei 30/1992 de 26 de decembro de Réxime Xurídico das administracións públicas e do Procedemento Administrativo Común, establece a obriga da administración de dictar resolución expresa en todos os procedementos e nos casos de desistimiento da solicitude, a resolución consistirá na declaración de dita circunstancia.
Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial, no uso das súas facultades,
ACORDA:Ter por desistida da súa solicitude de regulación de emprego de data 27 de setembro de 2011 á empresa HOSPITAL POVISA, S.A. para todos os efectos legais que procedan e, declarar concluso, en consecuencia, a devandita solicitude, co qrquivo das actuacións.
Notifíqueselle a presente resolución ás partes interesadas e fágaselles saber do seu dereito a interpoñer contra ela recurso de alzada ante o Sr Director xeral de Relacións Laborais, por escrito en triplicado e por conducto desta xefatura territorial, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da súa notificación legal.

Vigo 21 de novbembro de 2011

A xefa territorial

Carmen Bianchi Valcarce